Inadmisible novo veto do Goberno de España á transferencia da AP-9

Inadmisible novo veto do Goberno de España á transferencia da AP-9

Inadmisible novo veto do Goberno de España á transferencia da AP-9

O portavoz do Grupo Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, cualificou hoxe de “inaceptable” e “inadmisible” o novo veto do Goberno de Rajoy á transferencia da AP-9 a Galicia. Así llelo comunicou a Moncloa á Mesa do Congreso onte mesmo en contra da Proposición de Lei aprobada por unanimidade no Parlamento de Galicia apelando a que afecta aos orzamentos.

 

Fernández Leiceaga lembrou que a Lei galega foi modificada precisamente para garantir que non modificara os orzamentos, e reclamoulle ao presidente galego que “deixe de tomarlle o pelo aos galegos e as galegas votando unha cousa en Galicia e facendo outra no Congreso”. Dixo que “a única maneira que ten de demostrar que non está detrás desta burda manobra é desbloqueando o debate desta iniciativa”.

 

Explicou que a iniciativa ten que ser agora tomada a trámite pola Mesa do Congreso, onde os socialistas contan con dous votos, e hai outros dous de Podemos -suman os catro que xa estiveron a favor no anterior intento de tramitar esta Lei-. Enfronte atópanse os tres votos do PP e os dous de Ciudadanos, que son os que bloquearon o debate previamente.

 

O portavoz socialista apuntou ao voto da presidenta do Parlamento, a galega Ana Pastor, ex conselleira de fometo e que “ata onde sabemos forma parte do PP de Pontevedra” e que, dixo, “queremos que o PP vote a favor desta iniciativa, pero só co seu voto sería suficiente para desbloquear a tramitación desta norma”.

 

Advertiu que “Feijóo non pode mirar para outro lado, non pode dicir unha cousa en Galicia e facer en Madrid a contraria”, furtándolle a Galicia a posibilidade de recabar a competencia sobre a AP-9, o que supón “o primeiro paso para conseguir unha rebaixa significativa das peaxes”. Explicou que esta vía constitúe “a rúa maior de Galicia”, unindo 6 áreas urbanas e o 70 por cento da poboación da Comunidade Autónoma.

 

Modificación orzamentaria

 

Noutra orde de cousas, o portavoz socialista aludiu tamén á modificación orzamentaria iniciada onte polo goberno galego para inxectar 229 millóns adicionais á Dependencia, Risga, políticas sociais e salarios dos empregados públicos. Fernández Leiceaga sinala que esta ampliación resulta “insuficiente” e reclama ampliala ata os 400 millóns de euros sen afectar á solvencia de Galicia.

 

Advirte que a decisión de Feijóo anunciada onte da a razón precisamente aos socialistas, cando apuntaban á necesidade de aumentar o investimento en políticas sociais e urxían á xunta a utilizar os 60 millóns adicionais de límite de gasto autorizados polo goberno central. Esta partida adicional aínda pode ser utilizada polo goberno, dixo, unida aos ingresos adicionais derivados do imposto de doacións, ata sumar outrgos 140 millóns.

 

Esta inxección adicional permitiría mellorar aínda máis a Risga, a atención á Dependencia, as residencias da terceira idade, a xuda ao emprego xuvenil, apoio aos empresarios e autónomos e mesmo actuacións a favor do Plan de Transporte, mellorando a mobilidade de Galicia.

 

Fernández Leiceaga desmentiu ademais que esta nova contía ingresada polo goberno central estea vencellada aos orzamentos xerais, xa que forma parte da liquidación do financiamento autonómico de hai dous anos, e advertiu que a Xunta “non puxo sobre a mesa tódolos recursos dispoñibles” no debate dos Orzamentos.

 

Visita a Pontevedra

 

Xoaquín Fernández Leiceaga fixo estas declaracións no transcurso dunha visita a Pontevedra que comezou cunha visita á Asociación de Empresarios Pequenos e Medianos de Pontevedra -AEMPE-, na que foi recibido polo seu presidente, Agustín Fernández, e que rematou cun encontro coa Unión Intercomarcal Pontevedra – Arousa de UGT.

 

O portavoz do Grupo Socialista estivo acompañado polo deputado no Congreso Guillermo Meijón, o secretario xeral da Agrupación Local de Pontevedra, Agustín Fernández, e as parlamentarias autonómicas pola provincia de Pontevedra Patricia Vilán e María Pierres.

Mercedes Cernadas

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar