Inadmisible estratexia da Xunta de disfrazar a incapacidade de actuar fronte á vaga de lumes

Inadmisible estratexia da Xunta de disfrazar a incapacidade de actuar fronte á vaga de lumes

Inadmisible estratexia da Xunta de disfrazar a incapacidade de actuar fronte á vaga de lumes

O portavoz de Agricultura do Grupo Socialista, José Antonio Quiroga, cualificou hoxe de “inadmisible” que a Xunta “continúe intentando disfrazar a súa incapacidade para actuar con rigor na vaga de lumes detrás dos incendiarios”. Así o dixo na presentación dos orzamentos de Medio Rural para o próximo ano que tivo lugar esta mañá no Parlamento.

O responsable socialista reclamou “asunción de responsabilidades políticas” pola “mala xestión” dos lumes que queimaron máis de 35.000 hectáreas recoñecidas e acabaron coa vida de catro persoas. Amosou a súa sorpresa pola lentitude demostrada polo goberno á hora de depuraras ditas responsabilidades políticas “cando foi evidente a improvisación e a pésima xestión” na crise dos incendios.

Apuntou á habilitación de axudas para limpeza de montes “en pleno período de risco de incendios”, e advertiu da situación das brigadas de prevención, dedicadas “a pintar pasos de cebra ou sesteando” pola xestión “lamentable” por parte do goberno.

Sinalou que os lumes son precisamente unha conclusión do desinterese do goberno galego polo medio rural, con medidas que “non están a servir para evitar o despoboamento e abandono de actividade rural”. Pediu “mellorar a xestión dos orzamentos diante da nefasta xestión do Goberno para apoiar e relanzar o mundo rural”.

Lamentou uns orzamentos “continuístas, orfos de medidas innovadoras e ilusionantes” que “desminten o eslogan tan cacareado da Lexislatura do Rural” e que “en calquera caso permitiu que no que vai de 2017 se teñan perdido 269 explotacións gandeiras”. Reclamou “mellorar a xestión dos orzamentos diante do fracaso do goberno galego para apoiar e relanzar ao mundo rural”.

Sinalou que “as medidas expostas nestes orzamentos están a fracasar á hora de evitar o despoboamento, o envellecemento e o desleixo do goberno galego de cara ao mundo rural”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.

Pechar