Inaceptable deriva privatizadora dos servizos sociais na Xunta de Galicia

Inaceptable deriva privatizadora dos servizos sociais na Xunta de Galicia

Inaceptable deriva privatizadora dos servizos sociais na Xunta de Galicia

DependenciaA portavoz de Política Social do Grupo Socialista, Carmen Gallego, considerou hoxe “en todo punto inaceptable” a “deriva privatizadora dos servizos sociais” que o goberno galego está a encetar especialmente dende 2011 “disfrazada de concorrencia competitiva”. Así o dixo na sesión da Comisión de seguimento das políticas relativas á discapacidade, celebrada hoxe no Parlamento na que compareceron os presidentes de Down Galicia e Autismo Galicia.

Gallego advertiu que as empresas privadas “en ningún momento poden substituír nin á administración pública nin a entidades de iniciativa social”, e reclamou que se priorice a estas últimas á hora de conceder concertos cando a administración non poida prestar o servizo.

A responsable socialista aludiu así á concesión das 73 prazas de persoas con discapacidade que lle foron retiradas á Asociación San Francisco de Coia para trasladalas a unha empresa de Mos especializada en xeriatría. Sinalou o amplo desacordo que está a suscitar esta decisión e lembrou que a administración pode establecer cláusulas sociais que prioricen ás entidades de iniciativa social.

Criticou que o goberno galego permita a entrada das entidades privadas que intentan “sacar unha tallada importante” da xestión destes servizos fronte a unhas entidades de iniciativa social que en moitos casos “arrastran un maior custe laboral que empresas privadas de nova creación adheridas á reforma laboral do PP que abaratou o despido”.

Gallego comprometeuse a incorporar as demandas das dúas asociacións que compareceron hoxe no documento de traballo que preparará esta Comisión para encetar unha nova Estratexia Galega da Discapacidade. Esta nova estratexia debera, dixo, superaros erros cometidos polo actual Plan de Discapacidade 2012-2013 elaborado polo goberno galego.

A deputada socialista reclamou que a nova Estratexia de apoio ás persoas con discapacidade contemple as eivas provocadas polo desmantelamento da Lei de Dependencia polos gobernos do PP, ou a retirada das competencias en Servizos Sociais aos concellos de menos de 20.000 habitantes, como consecuencia das reformas legais tamén do PP.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar