Inacción de Feijóo fronte á discriminación de Galicia nos prezos do combustible

Inacción de Feijóo fronte á discriminación de Galicia nos prezos do combustible

Inacción de Feijóo fronte á discriminación de Galicia nos prezos do combustible

O portavoz de Economía, Industria e Innovación do Grupo Socialista, Abel Losada, censurou hoxe a “inacción” do goberno galego fronte á discriminación contra Galicia nos prezos do combustible. Losada presentou unha proposición non de Lei en Comisión demandando un plan de acción da Xunta e a intervención da CNMC que foi vetado polo PP.

Losada criticou que o goberno galego non fixera “nada” agás lamentarse dunha situación “inxusta e inxustificable”, en palabras da Consellería de Industria, e anunciar unha suposta serie de medidas nunha sucesión de notas de prensa entre 2014 e 2015. Sinalou que o “goteo” de comunicados “cesou” pero Galicia “continúa sendo a Comunidade Autónoma co combustible máis caro da península.

O responsable socialista ironizou co feito de que “teñen moita vontade política, pero ninguén explica por qué o gasóleo refinado na planta de A Coruña é máis caro nesta provincia que en Valladolid”, unha situación “sen visos de solución”. Mentres, os transportistas galegos das localidades fronteirizas que repostan fora aforran en torno a 2.400 euros mensuais.

Cuestionou as medidas adoptadas polo Executivo en forma de multas por vulneración da competencia e acordar prezos que, no caso de Repsol, que recibiu a máis alta, tan só supuxo o 1,24 por cento dos seus beneficios. Esta empresa, engadiu, por moito que o seu presidente lamente a caída de beneficios pola caída dos prezos do cru, segue sendo a empresa máis rendible do Ibex – 35.

Iniciativa

Os socialistas instaron á Xunta a presentar no Parlamento, no prazo dun mes, un Plan especial de actuación fronte á evolución dos prezos dos combustibles. Este Plan contaría con tres eidos de actuación, como é minimizar o impacto da falla de traslado da caída do petróleo aos prezos dos combustibles, perfeccionar os mecanismos de control e defensa dos consumidores e desenvolver un control efectivo contra as prácticas de oligopolio.

Ademais, demanda do Goberno de España o establecemento de plans efectivos de control da competencia no sector dos combustibles, a través do Ministerio correspondente e da Comisión Nacional dos Mercados e da Competencia –CNMC-.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar