Inacción de Feijóo ante o deber de defender a dignidade do Parlamento co veto da AP-9

Inacción de Feijóo ante o deber de defender a dignidade do Parlamento co veto da AP-9

Inacción de Feijóo ante o deber de defender a dignidade do Parlamento co veto da AP-9

O portavoz do grupo socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, criticou na Deputación Permanente do Parlamento a negativa do PP a celebrar un pleno extraordinario para “renovar a posición unánime” da Cámara galega a favor da transferencia da AP-9 fronte ao novo bloqueo do Congreso que se prevé para setembro. “Aínda estamos a tempo de influír na decisión que tome ese órgano do Congreso. Mentres, Feijóo bota balóns fóra, fai da inacción un principio básico e incluso nos últimos tempos sementa dúbidas sobre os beneficios financeiros para Galicia da transferencia”, lamentou Leiceaga, que lle lembrou ao presidente da Xunta que tiña “unha oportunidade” e “o deber de defender a dignidade do Parlamento de Galicia”. 

 

“Non hai nada máis antisistema que este goberno central, que coa súa actitude perverte o normal funcionamento da institucións da democracia para defender as súas posicións partidarias”, afirmou o socialista. “Non nos están tomando en serio e temos que demostrarlles que estamos determinados a conseguir esa transferencia”, dixo Leiceaga, que cre que Fomento “despreza o Parlamento de Galicia e con el a todos nós” mentres “a Xunta mantén unha comisión de xestión da AP-9 e sementa dúbidas sobre as consecuencias de decisións que previamente adoptamos por unanimidade”.

 

A “inacción” do presidente da Xunta supón na práctica que “actúa con submisión diante do ministerio de Fomento e do presidente do goberno” Por iso o pleno extraordinario, explicou, servía “para darlle unha oportunidade a Feijóo de volver a unha posición conforme coa unanimidade previamente acordada no Parlamento”. E “tamén para explicarlle á mesa do Congreso as nosas razóns”.

 

 

A actual situación “prexudícanos economicamente como cidadáns e favorece as contas da Administración”, apuntou Leiceaga, quen subliñou tamén a “posición decisiva” de Ana Pastor, que preside a Mesa do Congreso. “O grupo popular en Galicia definiu este veto como un erro, eu diría máis ben que perverte o funcionamento das institucións democráticas e despreza o autogoberno de Galicia. Pero se é un erro, pode enmendarse. Poñámonos de acordo de novo e traslademos razóns oficialmente”, reclamou Leiceaga, que lamentou a negativa do PP a poder trasladar unha posición de forza de todo o Parlamento galego ante o Congreso.

Mercedes Cernadas

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar