Inacción da Xunta fronte á nova suba do recibo da luz

Inacción da Xunta fronte á nova suba do recibo da luz

Inacción da Xunta fronte á nova suba do recibo da luz

O portavoz do Grupo Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, acusou hoxe ao goberno galego de “permitir un tratamento discriminatorio aos cidadáns de Galicia que erosiona o noso autogoberno”. A “inacción” da Xunta, dixo, permite a “discriminación inaceptable” que suporá a aplicación da sentenza do Tribunal Supremo do 10 de marzo sobre a aplicación da normativa do sector eléctrico.

Explicou que a sentenza obriga a repercutir sobre a factura da luz os 23 millóns de canon eólico en Galicia e abre a porta para que afecte tamén aos tributos sobre augas encoradas e sobre contaminación atmosférica das eléctricas, incrementando o total ata uns 43 millóns de euros.

O Supremo establece agora un prazo de 3 meses para repercutirlle aos recibos da luz dos cidadáns de Galicia, entre outras comunidades autónomas, os sobrecustes aplicados ás eléctricas en concepto de impostos medioambientais autonómicos mentres estivo en vigor o decreto – lei de estabilidade orzamentaria aprobado por Rajoy en 2012.

Aquel decreto fixaba como obrigatoria a posibilidade aberta pola Lei do sector eléctrico, que permitía incorporar suplementos territoriais aos consumidores de autonomías con recargos sobre os tributos estatais.

Ofensiva parlamentaria

Os socialistas galegos anuncian unha ofensiva parlamentaria para levar ata o límite ao Regulamento do Parlamento para frear esta situación. Fernández Leiceaga apuntou como liñas de actuación a reforma da Lei eléctrica ou mesmo presentar un recurso de inconstitucionalidade, como fixo o propio goberno de Estremadura contra o Real Decreto Lei de estabilidade de 2012.

Fernández Leiceaga instou ao goberno galego a abandonar a súa “posición de non sabe/non contesta e decidir se defende aos galegos ou continúa por inacción coa súa complicidade coas eléctricas”. Con esta normativa, dixo, “as empresas poden despreocuparse pola fiscalidade medioambiental, que xa recaerá sobre os cidadáns”.

O portavoz socialista criticou un “ataque que non debe quedar sen resposta” e explicou que a consecuencia directa será o incremento da tarifa eléctrica e, ademais, “desactiva a capacidade tributaria sobre impostos medioambientais aplicados ás compañías eléctricas”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar