Impulsan unha posición común do Parlamento para a defensa dos intereses galegos na negociación da PAC

Impulsan unha posición común do Parlamento para a defensa dos intereses galegos na negociación da PAC

Impulsan unha posición común do Parlamento para a defensa dos intereses galegos na negociación da PAC

Pablo García non se fía dos anuncios de Feijóo e propón unha proposición non de lei que sente as liñas básicas e unha posición unánime na defensa do sector fronte a PAC

Reclama unha posición común de defensa de Galicia diante da reforma da PAC e denuncia que, nos catro anos de Feijóo xa perdemos 800.000 hectáreas subvencionables

A política agraria común vai determinar a viabilidade de moitos sectores agrogandeiros, e resulta clave para garantir unha renda mínima para vivir con dignidade

O portavoz de Agricultura do Grupo Parlamentario Socialista, Pablo García, defendeu unha proposición non de lei na procura dunha postura común do Parlamento de Galicia sobre o papel que debe xogar Galicia na negociación da Política Agraria Comunitaria (PAC). Unha reclamación que puidera resultar extemporánea á vista das declaracións do Presidente da Xunta pola mañá, asegurando que Galicia ía recibir máis axudas da PAC, pero García, dubida da credibilidade da palabra de Núñez Feijóo, “non acabo de crelo”, dixo.

Por ese motivo considera necesario ter unha posición común sobre as liñas básicas que serviran de punto de partida, “como posición do Parlamento” para a negociación que se leve a cabo nos vindeiros meses sobre a única política común da UE, a política agraria. Un posicionamento unánime que “reforzaría enormemente” a posición do Presidente da Xunta na defensa do sector agrogandeiro galego. Porque a futura PAC, indica Pablo García, “vai determinar a viabilidade de moitos dos nosos sectores, o despoboamento do medio rural, vai influír en como artellar o tecido económico, manter a actividade e garantir unha renda mínima para vivir con dignidade”.

Por desgraza, apunta o deputado socialista, “é imposible competir neste mercado, nun mundo globalizado e transparente para circulación de mercadorías, sen contar cando menos coa igualdade de condicións nas axudas”. Xa que non nas autonómicas e do Estado, “que non o fan”, critica, “cando menos acadar a igualdade de condicións nas axudas da UE” , esixe o portavoz de Agricultura socialista.

A PAC é, en contra do que a xente xeralmente cree, unha “política relativamente barata” apunta García, tendo en conta que a cambio os cidadáns recibimos unha alimentación de calidade e con todas as garantías sanitarias, sostible, e, “sobre todo, alimentos asequibles”.

Temos un 12% menos do Orzamento global, advirte Pablo García. Recorda ademais o deputado socialista que, desde a última reforma da PAC, pasaron 12 anos e “os millóns daquela non son os mesmos millóns agora”. Aproveitou para recriminar ao ministro de Agricultura, Miguel Arias Cañete, que el e o seu Goberno sexan “arietes e puntas de lanza dos recortes e logo vaian a Bruxelas a queixarse dos recortes comunitarios” empregando os mesmos argumentos que aquí empregan contra as políticas de Rajoy.

En canto aos sectores agrogandeiros máis salientables por produción e ocupación en Galicia, o viño, o leite e, en menor medidas a carne, “non están sendo ben tratados polas axudas”. Isto débese aos criterios de outorgamento. Se continúan os mesmos, por hectáreas útiles, a coñecida base territorial das explotacións, “imos fatal, porque desde que Feijóo é presidente perdemos 200.000 hectáreas cada ano”. Pero se non é así, queda claro que temos que definir un novo modelo e polo tanto temos traballo por diante, “e Feijóo e Cañete”.

En definitiva, trátase de defender cun presuposto suficiente que haxa unha “estabilidade no marco regulatorio”, e que poña en valor o modelo de produción europeo. Para elo insisten os socialistas en fixar unhas regras “verdadeiramente comúns”, tanto para o exterior como para o interior, con mecanismos que regulen a competencia de alimentos de outros lugares de produción que acceden ao mercado interior someténdose a menos mecanismos reguladores, o que lles permite un mellor prezo. “Temos que conseguir que en produtos tan competitivos como o leite no se produza máis que haxa produtores que perciben maiores axudas que outros por subvención da UE”.

Os populares rexeitaron a Proposición non de lei socialista amparados no papel do ministro Cañete na negociación, ao que respondeu García que “os gandeiros galegos do único que se acordan da xestión do Sr. Cañete en Agricultura foi da xestión das vacas tolas”. Tamén salientou que o do titular de Agricultura é un modelo distinto do galego, que García definiu como “produtor latifundista andaluz”. “Pouco que ver cos veciños de Friol e pouco ten que dicir do sector de lácteo” rematou aludindo á procedencia da portavoz popular.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar