"Improvisación" na implantación da FP Básica, "sen un só euro ata o día de hoxe"

"Improvisación" na implantación da FP Básica, "sen un só euro ata o día de hoxe"

"Improvisación" na implantación da FP Básica, "sen un só euro ata o día de hoxe"

Vicente DocasarO portavoz de Educación do Grupo Socialista, Vicente Docasar, denunciou hoxe que a Xunta leva seis meses sen transferir as partidas para gastos de funcionamento da FP Básica, que substitúe aos PCPI. Docasar presentou unha pregunta oral na Comisión de Educación ma que criticou que a posta en marcha da FP Básica de forma improvisada e sen orzamentos constitúe “un despropósito”.

Docasar censurou a implantación dunha nova modalidade de ensino “duplicando o número de alumnos por aula, sen poñer un só euro e coa premura e improvisación coa que o fixeron”. Considera “unha insensatez” pasar dos 10 a 12 alumnos das antigas PCPI a uns grupos que poden chegar ata 20 alumnos por clase na FP básica “ heteroxéneos, desmotivados e problemáticos”, o que fai moi difícil par o profesorado poder atender axeitadamente aos citados grupos.

Criticou a “falla de seriedade e de información” cos centros educativos polo empeño do goberno galego de executar a Lomce de forma precipitada, para “facer seguidismo do ministro Wert”, e facelo aumentando o número de alumnos por aula e non enviando ata o dí de hoxe un só euro aos centros educativos para financiar esta nova modalidade de ensino.

Calendario inasumible

O responsable socialista advertiu que a implantación precipitada da Lei provocou que os centros recibiran a información “tarde mal e arrastro”, evidenciando unha xestión “improvisada, insensata, caótica e trapalleira” ao obrigar aos centros a cumprir cun calendario “inasumible”. Lembrou que o goberno obrigou aos centros a difundir a súa oferta educativa sen saber si terían ou non a opción na súa oferta, cuestión que era mesmo descoñecida naquel momento pola propia inspección educativa

Docasar convidou aos responsables da Consellería de Educación a saír dos despachos de San Caetano e “ir polos centros e estar cos profesores e directores dos centros” para comprobar pé de obra as consecuencias da “aplicación irracional” do calendario de implantación da Lomce.

Trasladou as queixas dunha profesora de galego con máis de 30 anos de profesión que imparte o módulo de comunicación e sociedade nun instituto que tivo que buscarse a vida para sair adiante e o lamento dun director doutro centro que lamentaba a improvisación na implantación e a falta de financiamento específico para impartir esta nova modalidade de ensino .

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar