Improvisación e inseguridade: Feijóo modificou dende 2010 un total de 70 leis a través da Lei de Acompañamento aos Orzamentos

Improvisación e inseguridade: Feijóo modificou dende 2010 un total de 70 leis a través da Lei de Acompañamento aos Orzamentos

Improvisación e inseguridade: Feijóo modificou dende 2010 un total de 70 leis a través da Lei de Acompañamento aos Orzamentos

A portavoz de Facenda do Grupo Socialista, Begoña Rodríguez Rumbo, advertiu hoxe do uso abusivo da Lei de Acompañamento por parte da Xunta. Criticou que Feijóo utilizou este trámite, ligado ao debate orzamentario, para levar adiante dende 2010 ata 396 modificacións normativas en 70 leis que non teñen nada que ver con cuestións tributarias ou financeiras.

A responsable socialista sinalou que neste ano utilizará a norma para modificar 20 leis, das cales 12 foron promovidas previamente polo propio Feijóo, afectando a servizos sociais ou á xestión dos montes. Lembrou que os gobernos de Fraga recorreron a este mecanismo desaconsellado polo Tribunal Constitucional en 7 ocasións polas 6 que xa leva Feijóo en 8 anos e fronte ao goberno do socialista Touriño, que non a utilizou “nunca”.

Advertiu que este trámite é utilizado de forma espuria para modificar leis que no teñen nada que ver cos ingresos e gastos da Xunta, dificultan o debate parlamentario, xera inseguridade xurídica, demostra un “alto grao de improvisación”, contradí o principio de transparencia e resulta “ilóxico” nun goberno con maioría absoluta.

A única “virtude” que pode ter para o goberno de Feijóo, apuntou, é que desta forma eluden o debate parlamentario, as aportacións cidadás e sectoriais e poden executala sen os informes preceptivos da asesoría xurídica, do Consello Económico e Social ou das administracións locais.

Emendas

Os socialistas galegos presentarán –o prazo remata mañá venres- un total de 67 emendas a esta Lei de Acompañamento, fundamentalmente á reforma das leis de Montes Veciñais, de Mobilidade de Terras, de Incendios e de Montes, todas elas alteradas por esta Lei de Acompañamento. O portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, José Antonio Quiroga, explicou que as propostas socialistas buscan mellorar a prevención de incendios, os usos do suelo e o mundo rural, fundamentalmente.

Neste sentido, reclaman recuperar as franxas de protección dos núcleos habitados que establecera o goberno do socialista Pérez Touriño e que fora rebaixada por Feijóo. Propoñen ampliar de 50 a 100 metros a protección das vivendas, e de 30 a 50 metros para as especies sinaladas. Ademais, propoñen crear unha nova Axencia para a Protección do Monte de Galicia que coordine as actuacións de defensa dos montes.

Ademais urxen a rebaixar de 2 a 1 ano o prazo para a entrada en vigor de sancións por incumprimentos nas redes de franxas de protección contra incendios. Reclaman deducións no IRPF dos investimentos para paliar os danos dos incendios, a supresión da letra pequena no decreto de axudas do goberno galego, que as condiciona á existencia de intencionalidade.

Quiroga solicitoulle ao goberno galego que presente o Pladiga na Cámara autonómica para abrilo ás aportacións dos grupos parlamentarios, e establece o primeiro trimestre de 2018 como límite para que a Xunta presente a previsións e calendario do Plan Forestal de Galicia. Tamén introducen cambios para mellorar a xestión dos montes de man común, entre outras cousas o papel do Banco de Terras.

Os socialistas galegos inclúen ademais adiantar ao mes de maio o límite na xestión da biomasa e da limpeza dos montes, e reclaman convenios de colaboración coas administracións locais que establezan o “apoio técnico e económico da Xunta”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar