Improvisación, falla de rigor e menosprezo nas viaxes de Feijóo ao exterior

Improvisación, falla de rigor e menosprezo nas viaxes de Feijóo ao exterior

Improvisación, falla de rigor e menosprezo nas viaxes de Feijóo ao exterior

Méndez RomeuO portavoz do Grupo Socialista no Parlamento de Galicia, José Luis Méndez Romeu, criticou hoxe a “improvisación, falla de rigor nas cifras e menosprezo ás empresas capaces de ter presenza nos mercados internacionais”, como demostra Feijóo nas súas viaxes. Acusou a Feijóo de viaxar como presidente sen render contas nin ofrecer axenda, obxectivos ou resultados.

Méndez Romeu criticou que o presidente da Xunta “cambie a comunicación e a información por mera propaganda cun sesgo deliberado” logo de que rexeitara comparecer no Parlamento para ofrecer ningún tipo de dato sobre a última viaxe que rematou onte. Advertiu que o goberno galego “ofrece a mínima información posible” da súa actividade nestas viaxes, que “limitan á información do gabinete de prensa da Xunta”.

O presidente da Xunta, engadiu, demostra o seu “noxo ao Parlamento” ao ofrecer “cifras infinitas” sobre a súa actividade que “nunca atopamos nos orzamentos”. Puxo como exemplo os 50 millóns de euros comprometidos para a expansión e internacionalización das empresas, ou a partida para captación de investimentos, que se traduciu en que Galicia só percibira o 0,5 por cento do Estado nos tres primeiros trimestres de 2014.

Mentres presume dunha balanza comercial positiva, o Ministerio de Economía certifica que Galicia ten a segunda peor cifra do Estado, cunha caída do 3,2 por cento en 2014, fronte a un crecemento medio do 2,5 por cento. O mesmo sucede co saldo comercial, no que Galicia pasou de perder 1.500 millóns en 2012 a 3.194 en 2013 e 4.000 en 2014, mentres o goberno galego “non ofrece mais que confusión sobre as cifras”.

Pemex

Méndez Romeu anunciou a presentación inminente dunha batería de iniciativas para que Feijóo explique “qué foi dos 14 remolcadores, 3.000 empregos e os 250 millóns da base loxística comprometida con Pemex”. Sinalou que “hoxe se nos fala dun pacto en Colombia como antes se nos falou con México”, un acordo que se quedou en “300 empregos e un barco e medio”.

O responsable socialista fixo un balance dos resultados das principais viaxes institucionais de Feijóo, que limitou a “verborrea vacua”, como demostra que despois de comprometer un plan de acuicultura conxunto con Xapón, “tres anos despois non hai nin un metro cadrado”.

O mesmo sucedeu coa fundamental repercusión que ía ter a apertura do Canal de Panamá para Galicia, os acordos para a industria naval con Brasil e Uruguai, que hoxe “non existen”, ou coa venda de produtos lácteos a Cuba.

Estas son as conclusións dunha “diplomacia antigua, falla de compromiso co sector empresarial, sen cifras de negocio, sen información sobre os resultados da rede Pexga e co Consello de Acción Exterior paralizado”.

O responsable socialista esixiu ademais o cese do delegado da Xunta en Bos Aires logo de que o PP o presentara como responsable do partido para dirixir a campaña electoral, o que evidencia que “queren financiar cos nosos impostos a campaña do PP en Arxentina”.

Lei do Aborto

O portavoz socialista lamentou que o PP teña decidido modificar de forma unilateral a Lei da Interrupción Voluntaria do Embarazo, que elimina a cláusula de seguridade para permitir prescindir do permiso paterno ás rapazas con problemas graves de malos tratos ou desamparo familiar. Na realidade, dixo Méndez Romeu, o PP está a “empuxar á clandestinidade” a rapazas que ata agora estaban protexidas pola Lei.

Dixo que esta reforma racha co compromiso do propio Feijóo, que insistira en que se produciría con consenso, pero “hoxe sabemos que vai ser levada a cabo sen consenso nin ningún intento de acordo”, e que só agrada ao sector mais ultra do PP.

Marcial Dorado

En resposta a preguntas dos medios de comunicación, Méndez Romeu advertiu que as novas imaxes que constatan a amizade de Feijóo co narcotraficante Marcial Dorado son unha “bomba potencial para a súa imaxe como presidente da Xunta e como persoa”. Lembra que, de acordo co fallo da Audiencia Nacional, os dous viaxaban xuntos na etapa na que Dorado “blanqueaba” millóns de euros procedentes do narcotráfico.

Dixo que a sentenza “incrementa as dúbidas sobre a honorabilidade” do actual presidente da Xunta, empeñado en verter un “silencio ominoso” sobre o seu pasado e que demostra unha “vontade clara de tapar o que non quere ver publicado”. Por iso, dixo, a negativa do goberno galego a enviar “nin un só documento” sobre a relación das empresas do narcotraficante co goberno diante do que respondía Feijóo.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar