Imprescindible revisar de inmediato os protocolos de atención as vítimas de violencia de xénero

Imprescindible revisar de inmediato os protocolos de atención as vítimas de violencia de xénero

Imprescindible revisar de inmediato os protocolos de atención as vítimas de violencia de xénero

Carmen AcuñaA portavoz de Sanidade e Igualdade do Grupo Socialista, Carmen Acuña, esixiu hoxe a revisión inmediata dos protocolos de atención ás vítimas de violencia de xénero. Así o dixo no debate dunha interpelación sobre o asasinato dunha muller a mans da súa parella mentres estaba ingresada no Hospital de Ourense, recuperándose dun ataque previo deste.

Acuña criticou a falla de medidas tomadas polo goberno galego, ao que “non lle deu por formar un gabinete de crise para ver qué facer” mentres reducen as partidas dirixidas ás políticas de Igualdade coa desculpa da crise. Os mesmos gobernos “machistas”, dixo, que suprimen Educación para a Cidadanía e vetan tódalas propostas socialistas para recuperar o orzamento de igualdade e estudar os casos de violencia machista.

A responsable socialista replicou diante desta actitude que “non lle vou rogar como muller sometida, voulle esixir que traballe para combater a violencia de xénero”. Acusou ao conselleiro de “ver números e non persoas, ve estatísticas e non mulleres asasinadas” cando é “responsable directo de que se aplique e de cómo se aplique a violencia de xénero”.

Lembrou a súa negativa a comparecer polo caso de Ourense, o que obrigou aos socialistas a presentar unha interpelación cando “ten que dar explicacións e non escorrer o vulto escudándose na falla de responsabilidade directa ou matando ao mensaxeiro”. Aludiu ás acusacións de “utilizar as vítimas mortais” cando, dixo, “non é irresponsable denunciar –as eivas na defensa das vítimas-, o irresponsable é non combater”.

Carmen Acuña reclamou en van unha valoración do seguimento dos protocolos dos casos de violencia na sanidade pública e preguntou “qué fallou para que Isabel fora rematada na cama do hospital”. Cuestionou neste sentido a viabilidade dos protocolos nunhas urxencias colapsadas e preguntou polos protocolos na xustiza e nos corpos de seguridade.

Atacar aos socialistas

Lamentou que o conselleiro “utilizara o seu tempo para atacar aos socialistas dicindo que só nos preocupamos da violencia de xénero cando hai unha vítima cando a primeira lei aprobada por Zapatero foi a Lei de loita contra a Violencia de Xénero”.

A deputada socialista amosou a súa “comprensión co seu disgusto cos últimos resultados electorais, pero mais disgustada está a familia de Isabel” e demandou accións inmediatas para solucionar os problemas dunhas mulleres vítimas que “co silencio non se resolven, non se visibiliza” a súa situación. Acuña reafirmou hoxe o seu apoio ás representantes do feminismo que “loitan contra o machismo baixo os lemas Nin unha menos e Que non nos rouben a vida”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar