Imprescindible consenso para o novo catálogo de espectáculos públicos

Imprescindible consenso para o novo catálogo de espectáculos públicos

Imprescindible consenso para o novo catálogo de espectáculos públicos

A portavoz de Facenda e Política Municipal do Grupo Socialista, Begoña Rodríguez Rumbo, reclamoulle hoxe á Xunta que consensúe o novo catálogo de espectáculos e actividades recreativas cos concellos, representados pola Fegamp, e co sector. Así o dixo a través dunha proposición non de Lei que foi debatida no Pleno de hoxe e rexeitada polo PP.

A responsable socialista acusou ao goberno galego de deixar sen executar a Lei de Espectáculos, que foi aprobada no pasado mes de decembro, provocando “inseguridade xurídica” a un sector importante para a economía galega. Advertiu de que o desleixo do goberno galego “pode poñer en risco ao sector das orquestras e da música ao vivo” e evidencia que “a cultura nunca é unha prioridade para o PP”.

Acusou a este partido de concibir a cultura como “un dereito só para quen a pode pagar”, e como mostra sinalou que a Lei de Espectáculos foi aprobada logo de 21 anos nos que Galicia tivo a competencia para facelo, 17 deles gobernados polo PP con maioría absoluta.

Rodríguez Rumbo apuntou que “a xestión desta asignatura non progresa adecuadamente” xa que, engadiu, “aínda que o Parlamento lexisla, quen ten a obriga de executar non executa”. Acusounos así de ter aprobado a Lei “para acalar ao sector” e despois tela paralizada.

No mesmo sentido, instou á Xunta a “sentarse cos concellos” para garantir que os decretos de desenvolvemento da Lei sexan adecuados á realidade dos espectáculos de Galicia. Advertiu que “están afeitos a lexislar para darlles máis competencias pero sen financiamento: vostedes invitan e os concellos pagan”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.

Pechar