Imperscindible reforma da Lei do Solo para desbloquear o urbanismo no rural

Imperscindible reforma da Lei do Solo para desbloquear o urbanismo no rural

Imperscindible reforma da Lei do Solo para desbloquear o urbanismo no rural

O responsable da Área de Territorio do Grupo Socialista, Xosé Sánchez Bugallo, presentou hoxe unha proposición de Lei de reforma da Lei do Solo que permita desbloquear o urbanismo en 58 concellos galegos, 51 deles menores de 5.000 habitantes, que carecen de planeamento xeral.

Nestes concellos, que se rexerán polo disposto no apartado 4 da Disposición Transitoria 1ª da Lei do Solo, unicamente se podía edificar no solo urbano consolidado. Categoría de solo que xustamente é a mais escasa nestes concellos, e pola contra non se podería edificar no resto do municipio, co que, explicou, sería imposible abrir unha nova explotación agrogandeira.

Estes concellos, engadiu, pertencentes ás 4 provincias galegas e gobernados na súa gran maioría polo PP, ata tanto non estea aprobado o Plan Básico Autonómico ou o seu propio Plan Xeral, quedarían bloqueados. Á vista do anterior, o Grupo Socialista propón unha modificación puntual deste apartado 4º, circunscribindo a prohibición de edificar ao solo urbano non consolidado e prevendo a aplicación subsidiaria das normas provinciais en tanto a Consellería non aprobe o Plan Básico Autonómico.

Asemade, plantexa unha modificación da Disposición Transitoria 4ª que regula a situación das explotacións agrogandeiras e forestais anteriores á Lei do Solo de 2002, engadindo a frase “solo de núcleo rural” xa que no texto da nova Lei foi suprimida sen que por parte da Xunta nin do PP se dera ningunha explicación desta decisión.

De non corrixirse o texto da Lei, advertiu, as explotacións agrogandeiras situadas en núcleos rurais quedarían en situación de “fora de ordenación”, e polo tanto gravemente afectadas en canto ás súas posibilidades de renovación e impedidas de calquera ampliación.

PDR

Todo isto, advertiu, no momento en que se presenta o PDR 2016-2020, no que se prevén axudas por importe de 1.200 millóns de euros para a modernización e renovación das explotacións agrarias. De non cambiarse esta norma, as explotacións actualmente existentes en núcleos rurais se verían imposibilitadas de acceder ás axudas para a súa transformación.

Sánchez Bugallo explicou que de non modificarse esta norma, “estariamos condenando á desaparición a medio prazo á totalidade das explotacións existentes en núcleos rurais”. Este problema, dixo, está sendo trasladado ao Grupo Socialista polos sindicatos agrarios e por moitos alcaldes rurais independentemente da súa cor política, polo que “agardo que poida conseguir o apoio de tódolos grupos parlamentarios e nomeadamente o do PP, do que forman parte preto de 40 dos 58 alcaldes dos concellos afectados.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar