Ignorancia, incapacidade e mala fe na xestión da sobrevenda de billetes ás Cíes por parte do goberno galego

Ignorancia, incapacidade e mala fe na xestión da sobrevenda de billetes ás Cíes por parte do goberno galego

Ignorancia, incapacidade e mala fe na xestión da sobrevenda de billetes ás Cíes por parte do goberno galego

O deputado socialista Abel Losada criticou hoxe a “mostra de ignorancia, incapacidade e mala fe” na xestión da sobrevenda de billetes ás Illas Cíes por parte do goberno galego. Losada acusou ao goberno galego de impedir o desembarco de 2.000 persoas que tiveron que vagar pola Ría cun evidente risco e prexudicando á candidatura do arquipélago a Patrimonio da Humanidade.

Losada sinalou que “resultaba máis fácil impedir o embarque en Vigo, pero estaban buscando a foto do caos organizativo contra a promoción” das Illas Cíes diante da Unesco, obrigando a “pasar das páxinas de ocio ás de sucesos”. Advertiu que o conflito pechouse con “cinco multas de 30.000 euros, pagadas en dous días de negociete” por parte das navieiras.

O responsable socialista criticou o desleixo do goberno galego diante desta situación, que levaba “anos” replicándose “sen que o Goberno nin o Padroado -presidido por Fernando Garrido Valenzuela- dixeran nada”. Este desinterese permitiu que as empresas, dixo, trasladaran cada día a milleiros de visitantes ás illas, moi por enriba do límite de 2.200 persoas ao día e 800 pernoctacións.

Advertiu ademais a falla de interese e incapacidade do goberno galego pola protección e a promoción das Illas. Lembrou que, logo de que o goberno recibira as competencias do Parque Nacional en 2008, e despois da chegada de Feijóo en 2009, este se demostrara “incapaz” de desenvolver o Plan Director de Usos e Xestión do Parque Nacional, chegando a “metelo literalmente no conxelador” dende que en 2011 decidiu “baixar a persiana”.

Explicou que, “sen plan reitor, o Parque Nacional non pode presentar a súa candidatura a Patrimonio da Humanidade”, unha condición á que si que poderían optar as Illas Cíes cun plan de protección singular.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar