Hoxe hai 54.291 persoas en lista de espera, 16.000 delas agochadas por Farjas na lista non estrutural

Hoxe hai 54.291 persoas en lista de espera, 16.000 delas agochadas por Farjas na lista non estrutural

Hoxe hai 54.291 persoas en lista de espera, 16.000 delas agochadas por Farjas na lista non estrutural

O secretario de Sanidade do PSdeG, Miguel Ángel Fernández, acusou á conselleira Pilar Farjas de “manipular e maquillar” os datos da lista de espera. Fernández afirmou que a día de hoxe hai 54.291 galegos e galegas agardando por unha intervención cirúrxica, xa que aos datos da lista estrutural feitos públicos pola Consellería, de 38.291 persoas, hai que engadir ás 16.000 persoas que tamén agardan por unha intervención na lista non estrutural, que non computa nestes datos.

Fernández deu estas cifras en rolda de prensa e dixo que son a evidencia da “ineficacia e pésima xestión da conselleira” ademais de demostrar “o engano de Farjas a todos os cidadáns manipulando os datos que fai públicos”.

“A realidade é que hoxe son 4.200 galegos máis que hai dous anos os que teñen que esperar por unha intervención, consulta de especialista ou proba diagnostica na lista de espera estrutural, e ademais teñen que agardar seis días máis de media”, sinalou.

Acusou á conselleira de mentir tamén á hora de presentar os datos, centrándose na espera dos pacientes de prioridade 1, que agardan 18 días de media. “En 2009, xa os enfermos que a consellería engloba nesta prioridade agardaban menos de 25 días por unha intervención, polo tanto é falso que se reducise o tempo de espera”, afirmou, á vez que sinalou que os datos non se publican en función da prioridade “nin se facía antes nin se fai agora”.

Fernández apuntou que o obxectivo de dar os datos do tempo de espera en función do grao de prioridade dos pacientes “non é mais que un tento de enganar aos cidadáns e de maquillar as cifras”.

O engano vai máis alá, segundo explicou Fernández, ao afirmar que a Consellería “traslada pacientes á lista de espera non estrutural para que non formen parte do cómputo que se fai público”, cando en realidade nesta lista só deberían figurar os pacientes que por causas médicas non poden ser operados ou os que rexeitan as operacións en centros concertados.
Advertiu que, pola contra, actualmente hai 16.000 galegos e galegas en lista de espera on estrutural, mentres que a espera media dos pacientes que forman parte desta lista supera os 120 días. Engadiu que hoxe os cidadáns agardan “20 días máis para ver o anestesista” e preguntouse “como é posible reducir as listas de espera en intervencións cando para ver ao anestesista hai máis tempo de espera?”.

Na mesma liña, criticou que a Consellería de Sanidade presuma de ter realizado no primeiro semestre do ano un total de 58.825 intervencións cirúrxicas programadas en xornada de mañá, “porque isto supón que a finais de ano e a este ritmo serán 120.000 as intervencións realizadas, mentres en 2007 foron 130.000 as intervencións programadas realizadas”.

“Este goberno non conseguiu nin máis intervencións nin máis rendemento cirúrxico nin mais actividade programada, simplemente diminuíu a eficacia e incrementou sensiblemente as listas de espera”, apuntou Fernández. Por elo, esixiu a Feijóo “que faga realidade o seu compromiso de ética e transparencia e inste á conselleira a facer públicos os datos da lista non estrutural en sede parlamentaria, para rematar coa falsidade e o engano”.

Catálogo de medicamentos“A conselleira leva dous anos mentindo”, aseverou Fernández, quen lembrou tamén as falsidades da conselleira respecto ao catálogo de medicamentos. “Afirmou que este catálogo producía un gran aforro en gasto farmacéutico, cando sabemos que hai comunidades que aforraron máis sen ter este catálogo, é dicir, sen reducir dereitos no acceso aos fármacos dos cidadáns”.

O socialista tamén lembrou que “antes da chegada de Feijóo e Farjas á Xunta, Galicia era a cuarta comunidade en control do gasto sanitario, e en tan só dous anos pasou a ocupar o posto 15, e a colocarse á cola das comunidades”.

“A conselleira mentiu ao falar dun suposto aforro que non é tal, o único aforro que se produciu en gasto farmacéutico veu dado polas medidas do Ministerio”, sinalou Fernández.

Lembrou que o “cataloguiño” da conselleira “tampouco obtivo o apoio do Consello Interterritorial de Saúde, xa que os propios conselleiros de Sanidade de comunidades gobernadas polo PP déronlle a razón ao Ministerio e apoiaron a proposta de receitar por principio activo, que foi a que os socialistas galegos defendemos dende o primeiro momento porque produce un aforro real”.

Por elo, esixiu a Feijóo e Farjas “que entren en razón” e retiren o catálogo de medicamentos, repoñendo aos galegos e galegas os seus dereitos farmacéuticos.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar