Homenaxe a Celso, o militante socialista máis antigo de España

Homenaxe a Celso, o militante socialista máis antigo de España

Homenaxe a Celso, o militante socialista máis antigo de España

“Hai un compromiso detrás das nosas siglas, e a forza que nos dá a historia do PSOE é o que nos diferencia e nos catapulta cara ao futuro”, afirmou na homenaxe do partido ao veterano socialista.
“Nós nos ocultamos as nosas siglas fronte aos que teñen medo a ensinalas; nós ensinamos toda a forza que nos aporta o noso partido e persoas como Celso”, dixo ante familiares e compañeiros.
O PSdeG rendiu esta mañá unha emotiva homenaxe en Poio a Celso García de la Riega, de 99 anos, o militante socialista máis antigo de España, que estivo arroupado pola súa familia e compañeiros de partido e polo secretario xeral do PsdeG, José Ramón Gómez Besteiro. O líder dos socialistas galegos quixo destacar a “valentía” e o “compromiso” que reflicte a vida de Celso. “Hai un compromiso detrás das nosas siglas, e este compromiso e a forza que nos dá a historia é o que nos diferencia e nos catapulta cara ao futuro”, afirmou.
Besteiro destacou os máis de 130 anos de historia do PSOE. “Nós nos ocultamos as nosas siglas, fronte aos que parece que teñen medo a ensinalas. Nós ensinamos toda a forza que nos aporta o noso partido e persoas como Celso”, dixo, coa “loita polas liberdades e pola igualdade de oportunidades, para poder partir todos da misma liña de saída”.
Nun acto no que Celso recibiu un ramo de rosas e unha escultura da República, o candidato á alcaldía de Pontevedra, Tino Fernández, agradeceulle as súas “leccións de socialismo” tras 80 anos de afiliación en Pontevedra. “En tempos moito peores el mantivo as súas ideas, e é un exemplo para seguir adiante, porque os socialistas somos os que transformamos o mundo e melloramos a sociedade”, afirmou. Pola súa banda, o secretario xeral provincial, Santos Héctor, amosou o seu “orgullo” por telo como compañeiro e quixo recoñecer “a súa loita na defensa da igualdade, a liberdade e a xustiza social, valores que leva acuñados ata hoxe e que fan valer a súa loita despois de tantos anos.
Emoción da súa familia
Tanto o fillo de Celso, Guillermo, como a súa sobriña, Maica, contaron visiblemente emocionados e coa voz entrecortada momentos importantes da vida do que é o militante número 1 do PsdeG. Ingresou no partido no ano 36, con 20 anos e en plena Guerra Civil. “Non só é unha homenaxe a el, senón a todos aqueles que no 36 fixeron o esforzo de loitar contra o levantamento e a favor da República, a todos aqueles que quedaron polo camiño”, destacou o seu fillo, visiblemente emocionado. “Loita, lealdade e sufrimento”, apuntou. Pola súa, banda, Maica quixo ter unha lembranza á figura de Merchi, a que foi a muller de Celso e “a persoa máis importante da súa vida”. Como anécdota, contou que ela era filla do Presidente da Audiencia de Pontevedra e foi unha relación complicada. De feito, o pai obrigou a atrasar un día a data da voda cando se decatou de que Celso a puxera o 14 de abril, aniversario da República.

32641281A

2 Comentarios

  1. Maica larriba
    Abril 9, 2015 a 19:00

    Hoy ha sido un día para recordar y para reforzar nuestro compromiso con los valores del socialismo democrático. Hoy le lhemos rendido un sentido y modesto homenaje a Celso García dela Riega militante socialista desde hace casi 80 años, en breve cumplirá 100 años y toda su vida ha sido un compromiso con la libertad y la justicia, es el militante más antiguo de España y nosotros sus compañeros de la agrupación de Pontevedra nos sentimos especialmente orgullosos.

  2. Fidel Fernán
    Abril 9, 2015 a 19:08

    Celso, representa o valor da resistencia durante a longa noite de ditadura na que estivemos sometidos. Parabéns para él, para a sua familia e para o partido por ter a sensibilidade de recoñecer en Celso a todos aqueles/as que “quedaron polo camiño”.

Deixar a resposta

Pechar