Herráiz destaca que o debate do Estado da Nación evidenciou a soidade do PP

Herráiz destaca que o debate do Estado da Nación evidenciou a soidade do PP

Herráiz destaca que o debate do Estado da Nación evidenciou a soidade do PP

A coordinadora dos socialistas galegos nas Cortes, Margarita Pérez Herraiz, destaca que o Debate do Estado da Nación deixou patente "o bo traballo realizado polo Goberno e polo Grupo Socialista fronte a un PP que se quedou só e que non conseguiu suscitar apoios na Cámara".

Así, na votación das súas propostas, o PP non contou co apoio do resto de grupos parlamentarios polo que as únicas propostas populares que resultaron aprobadas foi grazas ao apoio do PSOE. Si se aprobou unha proposta de resolución conxunta entre PSOE e PP sobre cuestións relacionadas coa UE. Sobre ela, Herraiz sinala que lamenta que o PP faga imposible que de xeito máis frecuenta póidanse alcanzar acordos sobre cuestións de repercusión internacional"

Herráiz apunta "a desconfianza da Cámara nas propostas do grupo que pretende ser alternativa política nas próximas eleccións".

Para a coordinadora dos socialistas galegos "esta desconfianza no PP non é de estrañar, máxime cando a voceira, Soraya Sáenz de Santamaría, tampouco explicou as propostas do seu partido senón que se limitou a pedir eleccións". "No PP non existe a máis mínima preocupación por resolver os problemas do noso país; hoxe por hoxe a súa única preocupación é intentar conseguir o poder custe o que custe, aínda a custa dos intereses xerais de España,".

Respecto a Galicia, Herraiz sinalou que "hoxe nas Cortes se reiteran os compromisos con Galicia".

Deste modo, destaca a aprobación dunha resolución que pide dar cumprimento á moción xa aprobada o 14 de xuño no Congreso -acordada entre PSOE e BNG- con medidas de apoio para Navantia, así como que no decreto do carbón se teñan en conta as especificidades das bisbarras mineiras de As Pontes e Meirama.

Así mesmo, resalta outra resolución, aprobada nos termos formulados por unha emenda do PSOE, que pide convocar a Comisión Bilateral de Cooperación Galicia-Estado co fin de executar os acordos xa subscritos sobre o traspaso de funcións e servizos relativos a inspección de traballo e bolsas, entre outros, e iniciar as negociacións para o traspaso das liñas férreas.

Sobre estas cuestións, recorda que o propio Presidente Zapatero, xa no Debate do Estado da Nación do ano pasado, expresou o compromiso do Goberno de manter as centrais térmicas en todos os territorios e de continuar realizando na UE os esforzos necesarios para buscar unha solución ao veto de Navantia.

Onte mesmo, no Debate deste ano, Zapatero reafirmou de novo o compromiso do Goberno con Galicia, coas súas infraestruturas, coa AVE a Galicia e cos estaleiros galegos. "O resultado do Debate do Estado da Nación -sostén Herraiz- foi positivo para Galicia e para España"

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar