Hemodinámica 24 horas para Lugo e Ourense

Hemodinámica 24 horas para Lugo e Ourense

Hemodinámica 24 horas para Lugo e Ourense

A portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Carmen Acuña, esixiu hoxe os servizos de Hemodinámica 24 horas para as provincias de Lugo e Ourense nas mesmas condicións de Coruña e Pontevedra. Así o dixo na presentación en Comisión do Rexistro Galego de Infarto Agudo de Miocardio, que chegou, dixo, “moito nos tememos que coas cifras manipuladas” para xustificar o agravio coas provincias do interior.

Acuña advertiu que os cidadáns de Lugo e Ourense que sufran un infarto fora de horas de oficina, as únicas nas que permanece aberta a Unidade de Hemodinámica nestas provincias, teñen que ser trasladados a Coruña ou Vigo nun prazo moi por riba do mínimo estimado para realizar unha anxioplastia primaria con garantías.

Explicou que a media de tempo que tardan en acceder ao hospital os cidadáns de Lugo é de 192 minutos, e os de Ourense 162, moi lonxe dos 90 minutos do límite para realizar a intervención con garantías. Explicou que o risco de fracaso aos 30 días baixa dende o 3,6 por cento ao 1,8 por cento das intervencións ao realizarse dentro desta marxe temporal.

Agravio

A deputada socialista preguntou “por qué non temos a mesma calidade de atención os veciños e veciñas de Lugo ou de Ourense” e lembrou que, si ben a instalación da Hemodinámica 24 horas en Lugo é un compromiso expreso da Xunta que levan sete anos incumprindo, o servizo en Ourense era unha demanda do PP cando estivo na oposición.

Sinalou que “nós estamos pedindo un servizo vital para centos de milleiros de veciños e veciñas, e o goberno nos manda un rexistro” que ademais, engadiu, “non sería a primeira vez que manipularan os datos”. Lembrou así “outras subcomisións de infausto recordo e Comités de Ética que tiveron que dimitir pola súa manipulación dos informes”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar