“Hai unha cousa que temos clara; a dereita non vai gobernar Vilagarcía”

“Hai unha cousa que temos clara; a dereita non vai gobernar Vilagarcía”

“Hai unha cousa que temos clara; a dereita non vai gobernar Vilagarcía”

O secretario Xeral do PSdeG-PSOE, Pachi Vázquez emprazou a Feijoo “a que deixe de darlle leccións aos concellos galegos e lle dea máis cartos e máis recursos”. Vázquez fixo estas declaracións en Vilagarcía, onde estivo acompañado polo Ministro de Xustiza Francisco Caamaño, e polo candidato á alcaldía Modesto Pose

Apuntou que, “cando Feijoo veña a falar de política local, vamos a dicirlle alto e claro que de política local non sabe nada. Nin sabe nin lle interesa”, aseverou.

O líder dos socialista subliñou que “Feijoo anda estes días por aí, dándolle leccións aos alcaldes de Galicia, cando el nin sequera foi concelleiro, nin alcalde”. Por iso, o emprazou a facer todo o contrario: “Feijoo debe tomar leccións dos alcaldes e alcaldesas socialistas de Galicia, que fan máis con menos”, destacou.

Enquisas
Vázquez adiantou que “mañá saen enquisas de toda Galicia, e nos temos as nosas enquisas, por iso vos pídovos que mañá vos deteñades e as analicedes con atención. Hai unha cousa que temos clara: a dereita non vai gobernar Vilagarcía”, sentenciou.

Pachi Vázquez sinalou que “isto é unha noticia que nos enche de satisfacción. Hai que abrir as urnas, pero sen embargo todo apunta a que a maioría do pobo non vai a elixir una opción de dereitas”.

O PP aposta pola privatización e o copago

O líder dos socialistas de Galicia denunciou que “ao PP non lle gusta o modelo social e do benestar que garante a universalidade e a gratuidade dos servizos públicos esenciais”.

Pachi Vázquez aseverou que “ao goberno galego non lle gusta nin a educación nin a sanidade públicas. As quere cambiar por outro modelo no que prima a privatización e o copago”. Deste xeito, lembrou que “o PP ten unha lista de prestacións polas que pensan cobrar cando un vaia o médico”.

O líder dos socialistas augurou que “camiñamos cara á liquidación do sistema do benestar”. “Aprobaron un catálogo de medicamentos que privaba aos galegos de 430 medicamentos, mermando os seus dereitos con respecto o resto de cidadás do Estado”, denunciou

Neste senso, adiantou que “pensan subir a prezo da auga un 140% a tódolos galegos o día 23 de a maio”. Por todo isto, “fan falta alcaldes socialistas nos concellos que garantan a calidade de vida dos cidadáns e os servizos sociais”.

Pachi Vázquez subliñou que “esta é a política que practica o PP, suprimir medicamentos; suprimir a gratuidade dos libros de texto e subir o prezo da auga un 140%, a partir do 22 de maio”.

Por isto, cando resaltou que “o 22 de maio nos xogamos algo máis importante que a elección dun alcalde, nos xogamos a nosa calidade de vida para os próximos anos,”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar