Pontevedra

Abel Losada Álvarez

p1_g_abellosadaalvarez

Nacín en Ourense en 1964.
Vivo e traballo en Vigo dende 1990. Son doutor en Ciencias Económicas pola Universidade de Santiago e Profesor Titular na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Vigo. Especialista en historia económica, demografía e economía da poboación. Teño publicadas diversas monografías e artigos e participado en congresos e seminarios en universidades españolas e estranxeiras.
Son militante do PSdeG–PSOE dende 1987. Na actualidade son membro da Comisión Executiva Local de Vigo, do Comité Provincial de Pontevedra e do Comité Nacional Galego. Fun membro da Comisión Executiva Provincial de Pontevedra e da Comisión Executiva Nacional Galega do PSdeG–PSOE entre os anos 2000 e 2009, ocupando a Secretaría de Economía, Estudos e Programas.
Son deputado no Parlamento de Galicia dende a lexislatura VII (2005-2008), VIII (2009-2012) ata a IX (2012-2016). Entre 2010 e 2013 fun Portavoz do Grupo Parlamentario Socialista no e portavoz de politica territorial, industria, enerxía e innovación en distintos períodos. Fun concelleiro no concello de Vigo entre 2006 e 2007 e director xeral do Gabinete do presidente da Xunta de Galicia entre 2008 y 2009.

 

Patricia Vilán Lorenzo

p2_g_patriciavilanlorenzo

Nacín en Soutomaior o 26 de setembro de 1970.
O que mellor define a miña traxectoria vital é a miña andadura na casa dos meus avós maternos que, a pesares da súa humildade, sempre apostaron pola formación persoal, pola cultura e polo amor á terra. Son o que son grazas á miña orixe. Estou solteira e teño dous fillos, aos que tento transmitir xustamente o mesmo que aprendín de nena.
Licenciada en Dereito pola USC, preparei oposicións a xuiz co maxistrado do Tribunal Supremo Luciano Varela e cos maxistrados da Audiencia Provincial de Pontevedra José Juan Barreiro e Juan Alfaya. Son avogada do Ilustre Colexio de Avogados de Pontevedra dende o ano 2000 e profesora do Curso de Maiores da Universidade de Vigo. Fun ponente en diversas charlas sobre Igualdade, Malos Tratos e Menores e fixen o meu programa de Doutorado na Universidade de Vigo, precisamente, sobre os malos tratos cometidos por menores de idade. Teño publicado varios artigos na Revista Xurídica Galega.
Deputada do Parlamento de Galicia dende o ano 2012, voceira de Medio Ambiente e da comisión do Valedor do Pobo e, dende xuño de 2016, voceira do Grupo Parlamentario Socialista. Ex-conselleira do Consello Social da Universidade de Vigo. Membro da CEM da Agrupación Socialista de Pontevedra, desempeñando na actualidade o cargo orgánico de Secretaria de Organización e de Relacións Institucionais.

 

Julio Torrado Quintela

p3_g_juliotorradoquintela

Nacín hai 34 anos en Vilagarcía, de onde é toda a miña familia, aínda que miña nai creceu na emigración en Bos Aires. Son solteiro e sen fillos.
Son doutor en Psicoloxía Social pola Universidade de Santiago de Compostela, onde desenvolvo a miña actividade investigadora fundamental nas áreas de comportamento social, psicoloxía do rendemento e do deporte, así como en investigación educativa. Fun profesor de Psicoloxía Social na Universidade Lusófona do Porto (2010-2012) e na actualidade tamén fago labor de revisión e asesoría de investigación como visitante na Universidade Pontificia de Ecuador.
Afilieime ás Xuventudes Socialistas aos 17 anos, pouco despois ao PSdeG e posteriormente a UXT. Participei nas movilizacións da miña xeración como o Nunca Máis ou contra a LOU. Actualmente son secretario de organización da miña agrupación local e encargueime de dirixir a recente campaña electoral municipal en Vilagarcía de Arousa.

 

María Luisa Pierres López

p4_g_marialuisapierreslopez

Nacín en Pontevedra, 26 de Setembro de 1976. Todo o mundo me coñece como María, son a menor de dous irmáns, e en breve serei nai por primeira vez. Medrei, estudiei e vivín unha infancia e adolescencia feliz co privilexio do mar ó meu carón, en Seixo, Marín. Mais Pontevedra, a cidade dos meus avós maternos, sempre foi un segundo fogar, sendo hoxe onde resido e convivo coa miña parella.
Licenciada en Arquitectura pola ETSA da Coruña, dende o ano 2005. Becaria da prestixiosa Bolsa da Fundación Caja de Arquitectos no 2001. Presidenta da Comisión de Cultura do 2008 ó 2010 e Tesoureira dende o ano 2010 da Delegación en Pontevedra do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia. Fundo no 2013, xunto á consultora África Rodríguez, un espazo de coworking en Pontevedra, dende onde se fomenta e impulsa o colaboracionismo entre profesionais así coma o emprendemento.
Hai militancias que xorden co tempo e outras xéstanse no berce ¡ese é o meu caso!. Inda que milito no PsdeG-PSOE dende a maioría de idade, vivín sempre co sentimento político ao redor meu. Con apenas 3 anos meu pai converteuse no primeiro alcalde da democracia da vila de Marín. O seu exemplo de entrega marcoume tanto como para empurrarme a facer o mesmo 40 anos despois... Non é un acto inconsciente, senón convicción de que só involucrándonos poderemos loitar e acadar o futuro que anhelamos.

Pechar