Ourense

Noela Blanco Rodríguez

ou1_g_noelablancorodriguez

Nacín un 29 de decembro de hai 35 anos en Ourense. Licencieme en Ciencias Ambientais, posteriomente realicei o Máster de Prevención de Riscos Laborais, e na actualidade estudo o Grado de Ciencias Políticas e da Administración Pública na UNED.
No ano 2009 accedín a través de proceso selectivo á praza de Técnica de Prevención de Riscos Laborais da empresa pública Sogama, no que na actualidade me atopo en situación de excedencia forzosa dende maio de 2015 cando tomei posesión como deputada no Parlamento de Galicia. Son vicevoceira segunda do grupo parlamentario socialista e secretaria de medio ambiente da executiva provincial de Ourense.
Eu penso que Galicia precisa unha resposta nova para os miles de mozos e mozas que tiveron que abandoar o noso país nos derradeiros anos como consecuencia das erráticas políticas laborais da dereita e da falta de inversións en i+d+i. Galicia non terá presente nin futuro social e económico se non traemos de volta ás xeracións mellor formadas da historia, coma por exemplo os investigadores e investigadoras que na actualidade poñen os seus coñecementos e mentes brillantes ao servizo doutros países.

 

Raúl Fernández Fernández

ou02_raulfernandez

Nacín en Castrelo do Val en 1955.
Fun mestre de EXB dende o ano 1982 en Verín, Padrón, Boiro, Negreira, Castrelo do Val e, a día de hoxe, en Oímbra.
Fun alcalde do meu pobo natal dende o ano 1987 ata o 2005, momento no que fun designado Delegado Territorial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes polo Goberno de Emilio Pérez Touriño. No ano 2011 volvín ser elixido concelleiro en Castrelo do Val.
Tamén fun Deputado provincial durante unha lexislatura.
Pertenzo á Agrupación de Castrelo do Val, na comarca de Verín. Dende o ano 2009 son secretario provincial do PSdeG de Ourense.

Pechar