Luis Manuel Álvarez Martínez

l1_g_luismanuelalvarezmartinez

Nacín no ano 1963 en El Franco (Asturias). Meu pai era mestre e os primeiros anos da miña vida vivín na vivenda adosada á escola, polo que a miña vida sempre transcurriu tendo como referente o mundo da educación.
Licencieime en Ciencias Matemáticas e dediqueime á ensinanza en educación secundaria ata que, no ano 1997, accedín á Inspección de Educación.
Aínda que o meu ámbito é o mundo da educación, tiven responsabilidades políticas como delegado provincial de educación en Lugo e como concelleiro e tenente de alcalde do Concello de Lugo.
Gústame viaxar, ler e estudiar ( fixen a diplomatura en Ciencias Físicas e actualmente curso un Máster en Dirección Públicas e Políticas Públicas).

 

María Concepción Burgo López

l2_g_concepcion_burgolopez

Nacín en Lugo en 1958 pero vivín a miña infancia e xuventude en Monforte de Lemos,  onde aínda reside a miña familia.
Son doutora en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela e profesora titular da Facultade de Humanidades do Campus de Lugo na mesma Universidade de Santiago. Fun Directora do antigo Colexio Universitario de Lugo e Decana da Facultade de Humanidades.
Na actividade política fun Primeira Tenente de Alcalde e Concelleira de Cultura e Turismo do Concello de Lugo,  e como Deputada do Parlamento de Galicia  voceira de Cultura e Universidades, e na lexislatura agora acabada ocupei o cargo de Vicesecretaria da Mesa da Cámara.

 

José Antonio Quiroga Díaz

l3_g_joseantonioquirogadiaz

Nacín en O Saviñao en 1960 onde resido. Estou separado e son pai de dous fillos.
Son Licenciado e Xeografía e historia, profesor de secundaria desde 1987 e director do colexio Dr. López Suárez do Saviñao entre 2000-2004. Na actalidade imparto clases nese centro. Fun Director de EE.TT Terras do Saviñao 1993-96 e Director Ecomuseo de Arxeriz desde 2009.
Estou afiliado ao PSdeG-PSOE dende 1991, concelleiro no Saviñao entre 1995 e 2015 e Membro do Comité Nacional dende 1995.
Tamén fun director provincial do SEPE/INEM de Lugo entre 2004 e 2011.

 

 

Pechar