A Coruña

Xoaquín Fernández Leiceaga

c1_g_leiceaga

Nacín en Noia o día de reis de 1961 nunha familia numerosa. Meus pais traballaban os dous fóra da casa. Hoxe estou casado e teño dous fillos xa grandes que están comezando as súas vidas.
Entre as paredes do Instituto Virxe do Mar empecei a tomar contacto cos grupos estudiantes
De alí fun para Compostela a estudar Ciencias Económicas onde me licenciei no ano 1984. Comecei a dar clases na facultade nese mesmo ano e en 1990 doutoreime.
Dende 1992 son profesor titular de Economía Aplicada e dende 2014 son Director do Instituto Universitario de Estudios e Desenvolvemento de Galicia.
Participo na Rede de investigadores en Financiación autonómica e descentralización financeira en España, no Foro Económico de Galicia e máis no Grupo de investigación GEN da Universidade de Vigo.
Ademáis do meu traballo como profesor na universidade fun vicerreitor de asuntos económicos da Universidade de Santiago de Compostela entre 1990 e 1994, Director do Instituto de estudos e desenvolmento  de Galicia en dous periodos diferentes, Tenente alcade de Facenda entre 1999 e 2007 no Concello de Santiago.
Se buscades o meu nome nas bibliotecas apareceranvos libros como O futuro demográfico de Galicia e as súas implicacións socioeconómicas. Algunhas conclusións, La nueva normativa de estabilidad presupuestaria y la sostenibilidad financiera y las comunidades autónomas, Os montes veciñais en man común, Estrutura económica de Galicia, Avellentamento demográfico e consecuencias socioeconómicas ou El impacto de las multinacionales sobre las economías de acogida ademais de varios artigos en revistas como Papeles de economía española ou a Revista de Economía aplicada.
Ademais do meu traballo como concelleiro -ao meu parecer na política local está a primeira escola de alguén que dedique ao servizo público- tamén fun parlamentario varias lexislaturas.
Eu penso que Galicia precisa unha resposta nova porque cun novo impulso pode recuperar a fortaleza que debe ter: a dunha sociedade máis igualitaria, unha sociedade máis integrada, unha sociedade máis próspera, con máis oportunidades para todos.

 

Matilde Begoña Rodríguez Rumbo

c2_g_matildebegonarodriguezrumbo_0

Nacín na Coruña o 10 de novembro de 1966. Vivo en Cerceda, estou casada e teño dúas fillas.
Son licenciada en Ciencias Económicas pola Univerdidade de Santiago de Compostela.
Na miña traxectoria profesional, desenvolvín traballos como consultora, asesora laboral, fiscal e contable e asesora na administracion local.
No ámbito político, fun concelleira de Servizos Sociais, Promoción Económica, Cultura, Educación, Emprego e Recadación e na lexislatura 2005-2009 fun directora xeral de Administración Local da Xunta de Galicia. Tamén fun deputada provincial na Deputación Provincial da Coruña na lexislatura 2011-2015.
u penso que Galicia precisa dunha resposta nova en Dependencia!

 

Juan Manuel Díaz Villoslada

c3_g_juanmanueldiazvilloslada

Nacín en Ourense o 29 de marzo de 1965, onde vivín ata trasladarme a estudar a carreira a Santiago.  Despois de licenciarme en Dereito en 1988 vivín e traballei en Santiago de Compostela durante once anos. No ano 2000 trasladeime a traballar á Coruña. Actualmente vivo en Oleiros.
Profesionalmente, pertenzo ao Corpo Superior de Administración da Xunta de Galicia e desenvolvín diferentes postos de traballo e responsabilidades administrativas na Administración Autonómica durante máis de dez anos (Ordenación do Territorio e Obras Públicas, Inspección de Servizos ou Administración Local).
No ano 2000 incorporeime a traballar ao Concello da Coruña, onde desempeñei funcións de Xestión de Persoal, Facenda e Servizos Xerais. Desde 2012 ata a actualidade fun xerente da Universidade da Coruña.
A miña actividade política foi sempre de militante de base do PSdG-PSOE na Agrupación local da Coruña, sen desenvolver responsabilidades orgánicas ou políticas. Sen embargo, levar máis de 25 anos dedicados ao servizo público significa para min un compromiso claro coa nosa cidadanía, coa nosa sociedade.
Penso que Galicia precisa unha resposta nova para poder mirar cara adiante, todos e todas xuntos.

 

María Dolores Toja Suárez

c4_g_mariadolorestojasuarez

Nacín o 23 de agosto de 1972 en Londres, onde os meus pais estaban emigrados. Estou casada e teño dous fillos. Vivo en Laxe, na Costa da Morte. Son filla de mariñeiro e tiven a oportunidade de estudar unha carreira, grazas ás bolsas do Partido Socialista, ao igual que moitas persoas da miña xeración.
Licencieime en CC. Empresariais, pola Facultade da Coruña, no 1996. Fixen un Máster en Dirección e Xestión de Negocios Internacionais (2000), un Máster en Dirección de RR. HH. (2003) e o Máster universitario en formación do profesorado de educación secundaria do profesorado (2014). Son Mediadora Civil e Mercantil do Colexio de Economistas da Coruña (2014) e tamén me formei en dirección de equipos e control de costes.
Teño un Nivel avanzado (B2) inglés, Cambridge FirstCertificateExam. Traballei máis dunha década en EMESA-TREFILERIA, S.A. (Sabón, Arteixo), empresa do sector siderúrxico, como Responsable de Control de Xestión e Directora de RR. HH, desenvolvendo a actividade en entornos nacionais e internacionais (GRUPO ARCELOR).
Na actualidade desenvolvo a miña actividade profesional como adxunta a Finanzas do GRUPO GESTÁN, Carballo. Un conxunto de empresas, con capacidade técnica e humana para dar solución e formular unha clara aposta polo sector ambiental (BIOMASA FORESTAL, INTACTA, TTA, INVESPAR e GESTÁN AMBIENTAL).
Dende maio de 2015 son Primeira Tenente de Alcalde do Concello de Laxe e Concelleira de Turismo, Educación e Xuventude, traballo que desenvolvo sen ningún tipo de retribución económica.
Eu penso que Galicia precisa unha resposta nova que garanta aos nosos nenos e nenas un sistema educativo de calidade e que ofreza a oportunidade aos nosos xoves de desenvolverse profesionalmente.

 

José Manuel Pérez Seco

c5_g_josemanuelperezseco

Nacín na Capela o 5 de Maio de 1969. Estou solteiro e a miña profesión é Delineante nas ramas Industrial e Edificios e Obras, estudos cursados no C.I.F.P. Rodolfo Ucha Piñeiro de Ferrol.
Actualmente estou en situación de desemprego, aínda que desenvolvín a  miña traxectoria profesional en distintos ámbitos -2 anos na Administración Publica, 8 anos para Empresa Pública e 6 anos en Empresa Privada-.
Actualmente son Secretario de Organización da Agrupación Socialista da Capela.
Eu penso que Galicia precisa una resposta nova para rematar coas políticas de recortes do Partido Popular.

Pechar