"Gravísima situación" da Sanidade en Ourense, cunha nova operación suspendida por falta de material co paciente xa en quirófano

"Gravísima situación" da Sanidade en Ourense, cunha nova operación suspendida por falta de material co paciente xa en quirófano

"Gravísima situación" da Sanidade en Ourense, cunha nova operación suspendida por falta de material co paciente xa en quirófano

Os socialistas levarán ao Parlamento a “gravísima situación” da sanidade na provincia de Ourense, onde nunha soa semana veñen de denunciar dous casos de pacientes aos que lles suspenden a operación estando xa en quirófano, nunha ocasión por falta de anestesista e noutra por falta de material cirúrxico. A voceira de Sanidade, Carmen Acuña, censura a xestión “caótica e vergoñenta” da xerente e máxima responsable da acción sanitaria na provincia, Eloína Núñez, á súa vez prima do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.

Os socialistas denunciaron onte a través de Elvira Lama, deputada provincial e portavoz socialista no Concello de Xinzo de Limia, o caso dun paciente que foi ingresado por segunda vez no CHUO e non puido ser operado estando xa en quirófano por “falta de material cirúrxico”. Hai só unha semana, a mesma deputada desvelou outro caso, nesta ocasión no Hospital Comarcal de Verín, dunha muller cuxa operación foi suspendida despois de seis meses de espera tras estar unha hora no quirófano por “falta de anestesista”.

Ante estas situacións “insoportables”, os socialistas pedirán responsabilidades no Parlamento pola “nefasta” xestión de Eloína Núñez, que “segundo trasladan os profesionais parece intocable, non se sabe se pola súa relación de parentesco co presidente da Xunta”. Acuña afirma que “mesmo o persoal dos hospitais anima aos pacientes a facer reclamacións ante o que consideran unha calidade asistencial pésima” que, advirten, “pode ter consecuencias graves”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar