Graves irregularidades e persecución interna na policía autonómica

Graves irregularidades e persecución interna na policía autonómica

Graves irregularidades e persecución interna na policía autonómica

A portavoz de Política Institucional do Grupo Socialista, Beatriz Sestayo, reclamou hoxe a comparecencia do conselleiro de Vicepresidencia, Alfonso Rueda, polo rosario de irregularidades rexistradas na Unidade de Policía Adscrita –UPA- a Galicia. A responsable socialista e a deputada Marisol Soneira compararon a situación do corpo “cun guión mais propio de Torrente”.

Sestayo alertou da imposición dun réxime disciplinario “mais propio dun réxime militar antidemocrático” con sancións arbitrarias, enchufismo, prácticas supostamente corruptas e mesmo coaccións internas denunciadas polos sindicatos policiais. De ser certas estas denuncias, advertiu, “estamos falando de condutas delictivas dentro do corpo por parte dunha minoría de cargos con responsabilidade na Unidade”.

Dirixiulle unha batería de iniciativas á Consellería de Vicepresidencia, encabezadas pola comparecencia de Alfonso Rueda para dar conta da situación dun corpo que depende do seu departamento. A situación, dixo, chega ao punto de que os integrantes reciben sancións “históricas” por “denunciar o que está acontecendo, que quen ten que garantir a liberdade e a seguridade da cidadanía non pode garantir as dos seus membros”.

Malos tratos

A deputada Marisol Soneira explicou que o propio Rueda é o máximo responsable do nomeamento do comisario xefe da Policía Adscrita, José Antonio Álvarez Villar, condenado a arresto menor por malos trato a detidos en 1976. O xefe provincial da Coruña, Antonio Nieto, aparece citado pola súa banda no sumario da Operación Carioca, que investigou a relación das forzas de seguridade cunha trama de prostitución en Galicia.

Soneira explicou que estes nomeamentos, vencellados a casos “pouco edificantes”, en realidade “tiran por terra a dignidade de quen é o encargado de velar pola defensa da xustiza e dos mais débiles”.

Baixo o mandato da cúpula policial nomeada por Rueda, dixo, estanse a rexistrar casos de actuación arbitraria das forzas de seguridade, obrigadas a buscar antecedentes de toda persoa que se identifique diante da policía, así como “episodios bochornosos de nepotismo”. Neste sentido, aludiu á manipulación de rexistros policiais logo de que os responsables foran detidos en controis de alcoholemia.

Ademais, mentres o goberno galego “asfixia” á sociedade con recortes orzamentarios, o comisario xefe dispón dun vehículo oficial durante 24 horas ao día os 365 días ao ano, incluíndo os períodos de descanso, o que o goberno galego terá que explicar na próxima Comisión Institucional do Parlamento en resposta a unha pregunta dos socialistas.

Uso fraudulento

A deputada socialista citou ademais as denuncias dos sindicatos sobre o uso fraudulento de “peonadas” falsas para percibir uns complementos salariais destinados orixinalmente á investigación de incendios forestais. Ademais, dixo, advertiu do “dirixismo” de inspeccións medioambientais a localizacións concretas “coa única finalidade de acadar un resultado estatístico”.

Engadiu a imposición dun réxime férreo de sancións internas e expedientes con suspensión de emprego e salario “por nimiedades tan graves como cubrir os partes a bolígrafo”. A conclusión, dixo, é que a día de hoxe o Comité de Empresa da policía adscrita está “descabezado” e non contan con representación sindical ao estar toda ela represaliada.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar