Gran engano do PP na regularización de núcleos costeiros

Gran engano do PP na regularización de núcleos costeiros

Gran engano do PP na regularización de núcleos costeiros

O portavoz de Ordenación Territorial do Grupo Socialista, Xosé Sánchez Bugallo, denunciou hoxe o “gran engano a toda a cidadanía” perpetrado polo PP coa regularización de núcleos costeiros a través da Lei de Protección e Uso Sostible do Litoral e de modificación da Lei de Costas. O responsable socialista presentou unha interpelación ao goberno galego sobre un texto que sitúa na ilegalidade a 12.500 vivendas de 255 asentamentos costeiros só en Galicia.

O responsable socialista lembra que mentres Agustín Hernández, conselleiro de Territorio en 2013, o senador Enrique López Veiga e ata a secretaria xeral de Urbanismo aseguraban que a regularización sería “sinxela e inmediata”, a lo menos para 8.000 vivendas.

O certo é que logo de dous anos de moratoria tan só 8 dos 87 concellos afectados e menos do 10 por cento das vivendas prometidas puideron normalizar a súa situación, mentres outros concellos viron denegadas as súas solicitudes polo Ministerio.

Este é o caso de Fene, O Grove, ou A Illa de Arousa, que xustificaron porque “sentaría un precedente para outras zonas turísticas”, cando si que regularizaron Formentera, Illa Cristina, Praia de Aro, Ampuria Brava ou Santa Pola, “moitísimo mais turísticas que A Illa.

Sánchez Bugallo preguntou “por qué temos que crer a 3 meses das eleccións que resolverán a situación dunhas vivendas que levan agardando xa 2 anos” e preguntoulle sen éxito á actual titular da Consellería “cantas das 12.500 vivendas foron regularizadas, ou mesmo das 8.000 que anunciaban en 2013 que se verían regularizadas inmediatamente”.

Sinalou á orixe do problema nunha emenda á Lei aprobada na Cámara autonómica que propoñía que se regularizaran os núcleos que estiveran consolidados ou que dispuxeran de tódolos servizos. Pero “no Senado, co voto favorable dos deputados do PP de Galicia, cambiaron o ou por un e, obrigando a cumprir os dous requisitos simultaneamente, e ademais obrigaban a acreditar o seu cumprimento en 1988”, cando a gran maioría deses núcleos carecían de servizos naquelas datas.

Advertiu que agora “non sabemos con exactitude cómo está o tema porque o Ministerio só facilitou datos incompletos e dispón aínda de 15 meses para resolver as restantes solicitudes de regularización presentadas” que afectarían a lo menos a 37 concellos e arredor de 150 núcleos aínda pendentes de resolución.

Ence

Sánchez Bugallo explicou que tanto o PP como o goberno galego mentiron con relación a esta norma tanto no tocante á regularización dos núcleos costeiros como no tocante á prórroga de concesións administrativas industriais ata 2093, unha situación que “afecta a coñecidas industrias galegas como é o caso de Ence”.

Neste caso, dixo, o anterior titular da Consellería “mentiu cando dixo que a Xunta tiña a última palabra”, cando a realidade é que será o goberno central quen decida manter a industria na Ría de Pontevedra.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar