Gonzalo Caballero visita a sede de Clun para coñecer de primeira man os proxectos desta cooperativa láctea

O secretario xeral do PSdeG foi recibido polo presidente, o vicepresidente, o secretario e outros membros da directiva

Ames, 9 de marzo de 2018. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, encabezou este venres a delegación socialista que se achegou a Ponte Maceira, en Ames, para visitar a sede central de Clun, en compañía do presidente e voceiro parlamentario do PSdeG, Xoaquín Fernández Leiceaga, e o deputado José Manuel Pérez Seco.

Os socialistas foron recibidos polo presidente da cooperativa, José Ángel Blanco; o vicepresidente, José Montes; e o secretario, Pablo Costoya; así como por outros membros da directiva desta cooperativa láctea, que debullaron as principais cifras da empresa e os seus proxectos de futuro.

Nesa reunión, Gonzalo Caballero puxo de manifesto o compromiso co desenvolvemento rural e o respaldo aos sectores agroalimentarios galegos. A continuación, os socialistas participaron nunha visita guiada á fábrica e coñecer in situ os procesos de fabricación.

psdeg

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar