Gonzalo Caballero valora que Pedro Sánchez está facendo "o que piden millóns de progresistas fartos da corrupción"

Gonzalo Caballero valora que Pedro Sánchez está facendo "o que piden millóns de progresistas fartos da corrupción"

Gonzalo Caballero valora que Pedro Sánchez está facendo “o que piden millóns de progresistas fartos da corrupción”

 

O secretario xeral do PSdeG apoia dar “un paso adiante” e convencer de que “é momento dun cambio político” dun goberno “inundado pola corrupción”

 

Madrid, 28 de maio de 2018. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, asistiu este luns ao Comité Federal do PSOE encabezando a delegación dos socialistas galegos. Á súa chegada, puxo en valor que Pedro Sánchez está facendo “o que piden millóns de cidadáns progresistas fartos da corrupción” ao presentar un proxecto alternativo para o país “dende unha esquerda sen complexos”.

 

“Os socialistas galegos consideramos moi importante para o país que haxa un cambio político, un cambio de ciclo”, subliñou Gonzalo Caballero ante os xornalistas, ao tempo que aplaudiu unha moción de censura que permita desaloxar a “un goberno inundado pola corrupción” e que “non ten un proxecto que aproveite a recuperación económica” para que esta chegue tamén á cidadanía.

 

“A esquerda ten que dar un paso adiante”, destacou o líder dos socialistas galegos, posto que o PSOE é “un partido de goberno” e que ten “capacidade e experiencia” para conducir o país. Nese senso, defendeu que “temos que lograr un goberno que manteña os avances económicos e sociais que os socialistas permitimos cando gobernamos, e nos que a dereita implica un retroceso moi importante”.

 

Así é que o secretario xeral do PSdeG amosou o seu respaldo á decisión da Executiva Federal do PSOE de “presentar un proxecto para o país” para convencer tanto ao Congreso como á cidadanía de que “é momento de cambio”. “Pedro Sánchez está actuando con responsabilidade”, destacou, en alusión ás conversas entre ambos nas últimas datas, para apoiar a opción de relevar ao goberno do PP.

psdeg

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar