Gonzalo Caballero urxe a Feijóo que aclare se terá as súas "prioridades" na "súa promoción persoal" para suceder a Rajoy ou nos gallegos

Gonzalo Caballero urxe a Feijóo que aclare se terá as súas "prioridades" na "súa promoción persoal" para suceder a Rajoy ou nos gallegos

Gonzalo Caballero urxe a Feijóo que aclare se terá as súas “prioridades” na “súa promoción persoal” para suceder a Rajoy ou nos gallegos

O secretario xeral compromete unha axenda de traballo “pegada ás necesidades” de Galicia “para construír unha maioría social de progreso”

 

Santiago, 5 de xuño de 2018. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, urxiu este martes a Feijóo que explique aos galegos “onde vai poñer as súas prioridades” agora que Mariano Rajoy ten anunciado que non continuará á fronte do PP.

 

“Feijóo ten que dicir se vai estar atendendo as necesidades de Galicia e as súas responsabilidades como presidente da Xunta, ou se vai meterse nunha carreira de promoción persoal dentro do PP”, recalcou o líder dos socialistas galegos.

 

Pola súa banda, Gonzalo Caballero deixou claro que manterá unha axenda de traballo “pegada ás necesidades” dos galegos “para construír unha maioría social de progreso” que permita “un cambio de ciclo tamén en Galicia”. “Os socialistas galegos seguiremos a pé de país”, garantiu.

 

En canto á decisión de Mariano Rajoy, o secretario xeral do PSdeG puxo en valor que a moción de censura impulsada polo PSOE permitiu “abrir un novo tempo político en España”, se ben optou por manifestar o seu “respecto” ao proceso interno que agora levará a cabo o PP.

 

Eso si, expresou o seu desexo de que os populares asuman os principios de “renovación e rexeneración” para traballar politicamente con “compromiso” fronte á corrupción. Polo de agora, recordou Gonzalo Caballero, nin Rajoy nin Feijóo fixeron “autocrítica” nin “asumiron responsabilidades” trala sentencia da trama Gürtel.

psdeg

Artigos relacionados

Deixar a resposta

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.

Pechar