Gonzalo Caballero urxe a Facenda que habilite "con carácter inmediato" os mecanismos para que os concellos poidan poñer o seu superávit "a disposición dos veciños"

Gonzalo Caballero urxe a Facenda que habilite "con carácter inmediato" os mecanismos para que os concellos poidan poñer o seu superávit "a disposición dos veciños"

Gonzalo Caballero urxe a Facenda que habilite “con carácter inmediato” os mecanismos para que os concellos poidan poñer o seu superávit “a disposición dos veciños”

 

O secretario xeral do PSdeG mantén unha xuntanza institucional co presidente da Deputación da Coruña, quen lidera “unha referencia en políticas sociais e bo goberno”

 

A Coruña,  1 de marzo de 2018. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, mantivo este xoves unha xuntanza institucional co presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, a quen eloxiou como “unha referencia en políticas sociais e bo goberno”.

 

Dende alí aproveitou para esixir ao Ministerio de Facenda que habilite “con carácter inmediato” os mecanismos para que os concellos poidan investir o seu superávit, tralo acordo entre a Federación Española de Municipios e Provincias e Cristóbal Montoro.

 

“Preocúpanos como se vai implementar”, sinalou o líder dos socialistas galegos, quen, segundo explicou aos xornalistas, pretende que os concellos poidan poñer os recursos cos que contan “a disposición dos seus veciños” á maior brevidade.

 

É un dos asuntos que abordará no encontro con González Formoso, que servirá tamén para coñecer en detalle as medidas que está deseñando o socialista dende a institución provincial. “Son políticas útiles para a cidadanía da provincia e para os concellos”, destacou Gonzalo Caballero.

 

Pola súa banda, o presidente da Deputación da Coruña mostrouse “encantado” de recibir ao seu secretario xeral para “compartir e reflexionar” sobre as políticas sociais, de emprego e de apoio aos municipios.

 

PAZO DE MEIRÁS

 

Adicionalmente, o líder do PSdeG trasladou tamén ao presidente da Deputación da Coruña o apoio e interese dos socialistas para que o Pazo de Meirás retorne ás mans dos galegos e galegas, e subliñou a importancia dos informes xurídicos que abren portas para a súa recuperación para o ámbito público.

 

RONDA DE CONTACTOS

 

Esta primeira visita de Gonzalo Caballero ao Pazo Provincial da Coruña enmárcase na ronda de contactos que está mantendo dende que foi elixido secretario xeral do PSdeG con institucións e colectivos ao longo do país. Diso dá mostra a súa reunión co presidente da Xunta e moitos outras xuntanzas que leva mantido no último tempo.

psdeg

Artigos relacionados

Deixar a resposta

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.

Pechar