Gonzalo Caballero sinala que a subida do paro constata a "oportunidade perdida" pola Xunta de trasladar a recuperación económica á cidadanía

Gonzalo Caballero sinala que a subida do paro constata a "oportunidade perdida" pola Xunta de trasladar a recuperación económica á cidadanía

Gonzalo Caballero sinala que a subida do paro constata a “oportunidade perdida” pola Xunta de trasladar a recuperación económica á cidadanía

O secretario xeral do PSdeG-PSOE, Gonzalo Caballero, sinalou que as cifras do paro coñecidas hoxe constatan a “oportunidade perdida” polo goberno galego para trasladarlle a recuperación económica á cidadanía. Así o dixo en declaracións aos medios no transcurso dunha xornada parlamentaria sobre sanidade organizada polo Grupo Socialista e a Escola de Formación Ceferino Twitter no Parlamento de Galicia.

O responsable socialista criticou o fracaso da Xunta á hora de trasladar o crecemento económico á cidadanía “a pesares de que os discursos oficiais trasladan de forma continua un escenario macroeconómico de recuperación boiante”. Lamentou que a fase expansiva do ciclo económico non se teña traducido no crecemento das cifras do emprego, que teñen empeorado con relación ao ano pasado.

Neste mesmo sentido, a portavoz de Facenda do Grupo Socialista, Begoña Rodríguez Rumbo, sinalou nunha intervención na Comisión de Facenda que o 90,5 por cento dos contratos asinados no último mes foron temporais. Ademais, trátase, apuntou, dunha Comunidade Autónoma na que o paro aumentou un 2,63 por cento, un 40 por cento máis que a media do Estado, onde aumentou un 1,87 por cento.

A responsable socialista criticou que a Xunta teña deixado sen executar 100 millóns de euros destinados á promoción de emprego en 2016, o último exercicio coñecido. Sinalou que “esta falla de execución orzamentaria, contrastada co nivel de desemprego de Galicia, revela un goberno que non está á altura do que debe ser unha administración moderna cun plan de futuro”. Censurou que o Executivo estea “máis ocupado na publicidade e propaganda que en implantar políticas útiles para a poboación”.

A deputada socialista presentou unha pregunta oral na que criticou que o goberno galego teña destinado contías “irrisorias” para o fomento do emprego e a mellora da empregabilidade en colaboración coas entidades locais”.

Sinalou que os orzamentos de 2017 apenas recollían 1,3 millóns de euros, o equivalente a 4.140 euro por concello, co cal pódese asinar 1,5 contratos do grupo 1 -2.700 euros- ou 2,58 do grupo 7 -1.600 euros- por 3 meses a tempo completo ou 6 a tempo parcial.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.

Pechar