Gonzalo Caballero sinala que "os socialistas somos a alternativa fronte á redución das pensións de Rajoy e os recortes na sanidade pública de Feijóo"

Gonzalo Caballero sinala que "os socialistas somos a alternativa fronte á redución das pensións de Rajoy e os recortes na sanidade pública de Feijóo"

Gonzalo Caballero sinala que “os socialistas somos a alternativa fronte á redución das pensións de Rajoy e os recortes na sanidade pública de Feijóo”

O secretario xeral do PSdeG chama a “aproveitar a recuperación económica para facer política social” e “mellorar a calidade de vida” dos galegos

 

Santiago, 6 de febreiro de 2018. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, mantivo este martes un encontro co secretario de Relacións Institucionais e Administracións Públicas do PSOE, Alfonso Rodríguez Gómez de Celis, no que ambos constataron que o Partido Socialista é “a única alternativa de esquerdas” ao goberno de Mariano Rajoy.

 

Ten habido, sinalou Gonzalo Caballero, “un avance moi significativo” nas expectativas electorais do PSOE trala elección de Pedro Sánchez como secretario xeral, e a súa valoración -segundo o CIS- atópase “moi por riba” da de Mariano Rajoy. Pola súa banda, Gómez de Celis presentou ao PSOE como “la única fuerza de izquierdas capaz de ser alternativa al PP”.

 

Nese senso, no medio dunha “guerra abierta” entre PP e Ciudadanos “por ver quién es más de derechas”, Gómez de Celis reivindicou o PSOE como unha formación con “respuestas claras” ante o desafío secesionista e para “los problemas de los ciudadanos”.

 

Ao fío diso, Gonzalo Caballero puxo o foco en que os socialistas teñen “alternativas” fronte á redución das pensións que ten acometido Mariano Rajoy e fronte aos recortes na sanidade pública postos en marcha por Feijóo. “Temos unha aposta firme, constante e permanente para que o Estado do Benestar non poida ser eliminado polas políticas da dereita”, suliñou.

 

Partidario de “aproveitar a recuperación económica para facer política social e mellorar a calidade de vida” dos cidadáns, o líder dos socialistas galegos esixiu a Feijóo “paralizar” a reforma da Lei de Saúde, “como lle pediron o domingo pacientes, profesionais e toda a cidadanía”. A manifestación, recordou, puxo “Santiago a rebosar”, polo que ten que “tomar nota” ou a os galegos diranlle  “non nas urnas”.

 

“DETERIORO” DAS PENSIÓNS

 

En paralelo, Gonzalo Caballero lamentou que “máis de 700.000 galegos” están vendo “como se deterioran as súas pensións”, pois nin sequera suben ao mesmo ritmo que o IPC. “Supón un ataque á súa calidade de vida”, advertiu, sen esquecer que a pensión media é máis baixa en Galicia que en España e que en dúas das provincias galegas (Lugo e Ourense) atópanse “nos niveles máis baixos” de todo o Estado.

 

O mesmo día no que ambos dirixentes socialistas protagonizarán na Coruña unha asemblea aberta á cidadanía para abordar os problemas dos pensionistas, Gómez de Celis recordou que o goberno conservador recibiu a hucha das pensións con 66.000 millóns de euros e que actualmente só quedan uns 8.000.

 

“El PP ha esquilmado la hucha de las pensiones”, censurou, crítico coa mensaxe que se pretende trasladar de que o sistema público é “insostenible” e de que hai que contratar plans privados. Máxime, incidiu, cando en España “un 14% de los trabajadores están por debajo del umbral de la pobreza”.

 

Neste escenario, formulou os 10 “grandes retos” que se ten marcado o PSOE para conseguir a recuperación económica, correxir a desigualdade e lograr unha rexeneración democrática en España; fronte a un goberno “indolente” e “desalmado” coas necesidades da xente.

 

Co foco na “xustiza social”, o secretario de Relacións Institucionais do PSOE reclamou aumentar os ingresos da Seguridade Social a través dun imposto sobre os beneficios da banca. “Defenderemos con uñas y dientes que los bancos devuelvan la ingente cantidad de dinero que obtuvieron de los bolsillos de los españoles”, enfatizou, en referencia aos casi 70.000 millóns de euros do rescate.

psdeg

Artigos relacionados

Deixar a resposta

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.

Pechar