Gonzalo Caballero sinala que o discurso de Nadal "estivo nesta ocasión medido nos contidos, foi equilibrado e en ton conciliador"

Gonzalo Caballero sinala que o discurso de Nadal "estivo nesta ocasión medido nos contidos, foi equilibrado e en ton conciliador"

Gonzalo Caballero sinala que o discurso de Nadal “estivo nesta ocasión medido nos contidos, foi equilibrado e en ton conciliador”

O secretario xeral do PSdeG-PSOE, Gonzalo Caballero, dixo que o discurso do xefe do Estado “estivo nesta ocasión medido nos contidos e foi equilibrado nun ton conciliador”. Engadiu que “abordou a cuestión catalana, pero tamén incorporou unha axenda con outros temas políticos e sociais relevantes para a cidadanía”, malia que “estes discursos teñen unha importancia relativa na sociedade actual e obteñen un seguimento limitado”.

Advertiu que “os socialistas compartimos a relevancia histórica da construción e consolidación da democracia de España nas últimas décadas, a pesares das debilidades existentes”. Dixo que “coincidimos en defender o Estado social e democrático de dereito á vez que entendemos unha España aberta, solidaria, plural, diversa, con espírito integrador e de concordia”.

“Nesta liña argumental –continúa Caballero- o xefe do Estado interveu nun senso positivo para contribuír a acadar un escenario político en Cataluña cun espírito de convivencia e respecto mutuo entre a cidadanía”. Apunta que “os socialistas consideramos que máis alá da cuestión catalana, a cidadanía require de respostas políticas a aqueles temas sociais que máis lle preocupan”.

Valorou positivamente as referencias á desigualdade social, á calidade do emprego, á corrupción, ao cambio climático, á violencia de xénero, a Europa ou ao terrorismo xihadista. Puntualiza que “habería outros temas de axenda social que teñen relevancia tamén para ser tratados, pero entendemos que a brevidade do discurso limita a axenda de contidos”.

Finalmente, o secretario xeral do PSdeG-PSOE rematou a súa valoración salientando a referencia a “asumir unha España en movemento con capacidade de evolucionar e adaptarse”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.

Pechar