Gonzalo Caballero reivindica "un novo PSdeG" e chama a mobilizarse para construír "un novo tempo" en Ourense e Galicia para "retirar a Feijóo e a Baltar"

Gonzalo Caballero reivindica "un novo PSdeG" e chama a mobilizarse para construír "un novo tempo" en Ourense e Galicia para "retirar a Feijóo e a Baltar"

Gonzalo Caballero reivindica “un novo PSdeG” e chama a mobilizarse para construír “un novo tempo” en Ourense e Galicia para “retirar a Feijóo e a Baltar”

 

 

 

O secretario xeral do PSdeG contrasta o “reforzo” dos socialistas no peche do Congreso do PSOE de Ourense co “languidecemento” que deixa a dereita onde goberna

 

Ourense, 20 de xaneiro de 2018. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, clausurou hoxe o 3º Congreso do PSOE de Ourense, no que se proclamou a Rafael Rodríguez Villarino como novo líder provincial, reivindicando o legado dos socialistas e o seu traballo sempre a prol “dunha sociedade máis xusta, con menos desigualdade e na que ninguén se quede na cuneta”.

 

“Está no noso ADN”, proclamou o líder dos socialistas galegos, quen chamou a seguir nesa mesma causa, “a da liberdade e a xustiza social”, no camiño de construir “un novo tempo para este país”.

 

No peche do último dos cónclaves provinciais do PSdeG, Gonzalo Caballero puxo en valor a “reconstrución” e o “reforzo” do partido e aseverou que servirá para conquerir “un cambio” como o que protagonizaron os dous expresidentes socialistas da Xunta, Fernando González Laxe e Emilio Pérez Touriño.

 

“Un novo PSdeG para retirar a Feijóo”, enfatizou, consciente de que a dereita non ten un proxecto que dea solución aos problemas das familias e que está deixando “languidecer” ao país.

 

Nese camiño de cambiar as cousas apelou Gonzalo Caballero a “traballar arreo” man a man coa sociedade civil, da que el mesmo forma parte como docente, para que se mobilice “pola opción de cambio” e os socialistas lideren esa renovación. “Somos o partido do cambio”, sinalou, tanto para o goberno central como para a Xunta e para a provincia de Ourense.

 

“RETIRAR A BALTAR”

 

Para obter “por primeira vez” a Deputación de Ourense, un reto que verbalizou o recén elixido secretario provincial, Gonzalo Caballero garantizou apoio das demais estruturas do partido, xa que nesta provincia “o cambio é máis necesario que en ningún sitio, e tamén máis difícil”.

 

“Esta provincia merece algo mellor”, recalcou.

 

Ademais, o secretario xeral tivo palabras de recordo para o exconcelleiro Antonio Rodríguez Penín, recentemente falecido, e       tamén aproveitou para enviar un saúdo aos membros da xunta de personal do Hospital de Ourense, que permanecen pechados para protestar contra os recortes da Xunta en materia sanitaria.

 

“VOLVER A SER ALTERNATIVA”

 

Despois de que Félix Tezanos, secretario de Estudos e Programas do PSOE, suliñase que o traballo do partido céntrase en solucionar os problemas da xente, Gonzalo Caballero fixo fincapé en que o PSOE é “máis necesario que nunca” fronte “a dereita de Feijóo e Rajoy, de Rajoy e Feijóo, acompañados por Celia Villalobos e outros insignes”.

 

Nese senso, incidiu en que “calquer cambio político en España pasa por que Pedro Sánchez sea presidente”.

psdeg

Deixar a resposta

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.

Pechar