Gonzalo Caballero reclama "unha nova política económica" en Galicia, "solucións" para o rural e situar a "prioridade" na axenda social

Gonzalo Caballero reclama "unha nova política económica" en Galicia, "solucións" para o rural e situar a "prioridade" na axenda social

Gonzalo Caballero reclama “unha nova política económica” en Galicia, “solucións” para o rural e situar a “prioridade” na axenda social

 Avanza que os socialistas levarán mocións a todos os concellos para urxir a Facenda as medidas necesarias para que o superávit municipal poida poñerse “o máis axiña posible” a disposición da cidadanía

 

Vigo, 5 de marzo de 2018. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, reclamou este luns no Círculo de Empresarios de Galicia “unha nova política económica” para a nosa comunidade, ao tempo que urxiu “solucións” para o medio rural e esixiu converter a política social nunha “prioridade”.

 

Baseándose neses tres grandes eixos, o líder dos socialistas galegos chamou a “redimensionar a política” para dar a Galicia “un pulo” que está perdendo tanto en termos de demografía como de capacidade industrial, de calidade dos servizos públicos e de oportunidades de futuro.

 

Nese senso, defendeu que, para converter a Galicia nunha comunidade “próspera”, a Xunta ten que aproveitar o “pulo” das urbes. “Pero cremos que existe falta de capacidade”, observou o economista, sen deixar de demandar “unha política económica activa” que recolla o maior dinamismo das áreas urbanas do arco atlántico.

 

En paralelo, reprobou “a falta de sensibilidade municipal” que ten demostrado Feijóo ao cuestionar o acordo impulsado polo alcalde de Vigo e presidente da Federación Española de Municipios e Provincias, Abel Caballero, para que os concellos poidan utilizar o seu superávit.

 

É máis, Gonzalo Caballero avanzou que os socialistas levarán mocións a todos os concellos para urxir ao Ministerio de Facenda que dispoña as medidas necesarias “o máis axiña posible” para que eses fondos poidan utilizarse en beneficio dos veciños.

psdeg

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar