Gonzalo Caballero reclama devolverlle a prioridade política á Axenda Social de Galicia

Gonzalo Caballero reclama devolverlle a prioridade política á Axenda Social de Galicia

Gonzalo Caballero reclama devolverlle a prioridade política á Axenda Social de Galicia

O secretario xeral do PSdeG-PSOE, Gonzalo Caballero, apostou hoxe por devolverlle a prioridade á axenda de gasto público e políticas sociais do goberno galego. Así o dixo logo dun encontro coa directiva de Fademga Plena Inclusión Galicia, no que comprometeu o apoio ás súas iniciativas para “darlle dignidade e calidade de vida aos máis de 6.000 galegos e galegas con discapacidade intelectual” que atenden.

Explicou que o encontro de hoxe forma parte dunha serie de contactos coas organizacións e entidades do sector para priorizar a axenda social de Galicia, logo de oito anos nos que se teñen agudizado os déficits dos servizos sociais. A escasa atención do goberno galego, dixo, ten situado aos servizos sociais de Galicia “na cola do conxunto do Estado”, xa de por si deficitario no contexto da UE.

O líder dos socialistas galegos advertiu que Galicia ten descendido ata o posto 13 no índice de desenvolvemento dos servizos sociais das 17 comunidades autónomas do Estado. Reclamou por iso “recuperar a prioridade dos servizos sociais na axenda de gasto público”, ademais de “reforzar o contido social das políticas públicas”, para o que situará as políticas sociais como un dos eixos da acción dos socialistas galegos.

Gonzalo Caballero considera “preocupantes” as “desigualdades económicas e a exclusión social” provocada por un goberno que ten deixado de lado a axenda social. Sinalou que esta Comunidade Autónoma conta coas segundas pensións máis baixas do Estado e dúas terceiras partes dos empregados sitúanse “entre o mileurismo e o limiar da pobreza”.

O responsable socialista amosou o seu respaldo ás demandas de Fademga Plena Inclusión Galicia dirixidas a defender unhas condicións de vida dignas para as persoas con discapacidade intelectual. Neste sentido, reivindicou a defensa da igualdade de dereitos e oportunidades para a totalidade da cidadanía de Galicia.

Fademga

O presidente de Fademga, Eladio Fernández, reclamou “que se acaben os guetos e que o Goberno aplique unha verdadeira carteira de servizos” para estas persoas. Acusou á Xunta de “utilizar aos nosos fillos como mercadoría” e reclamou modificar a Lei de Servizos Sociais para considerar estes servizos como concerto social e que as empresas non estean suxeitas a contratos públicos cos que “incorporan criterios mercantilistas”.

Reclamou un transporte “acorde coas necesidades” destas persoas e lamentou tamén que “nos cosen a copagos” incluso para os medicamentos que están “obrigados a tomar por prescrición facultativa”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar