Gonzalo Caballero propón "un cambio que ten que vir pola esquerda" fronte aos "recortes continuos a favor do capital"

Gonzalo Caballero propón "un cambio que ten que vir pola esquerda" fronte aos "recortes continuos a favor do capital"

Gonzalo Caballero propón “un cambio que ten que vir pola esquerda” fronte aos “recortes continuos a favor do capital”

O secretario xeral do PSdeG pon o foco na defensa de “salarios dignos” e “emprego de calidade” para os traballadores, pensións que “se revaloricen”, “igualdade salarial” entre homes e mulleres e a loita contra a exclusión no 1 de Maio

 

Vigo, 1 de maio de 2018. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, participou na manifestación convocada por UXT e CC.OO. neste 1 de Maio en Vigo para subliñar que “os socialistas saímos á rúa na defensa dun emprego de calidade e por salarios dignos”.

 

“Hoxe é día de reclamar os dereitos dos traballadores, nun momento no que España e Galicia están sufrindo niveles de desigualdade crecentes”, remarcou o secretario xeral do PSdeG.

 

Así é que puxo o foco na defensa de “salarios dignos e emprego de calidade”, daqueles que “traballaron toda a vida e merecen pensións que se revaloricen”, do dereito das mulleres á “igualdade salarial” con respecto aos homes e dos que se atopan no desemprego ou sofren a “exclusión” do sistema.

 

De feito, o líder dos socialistas galegos reprobou “o nivel diferencial” negativo que existe en Galicia tanto en salarios como en pensións, e en cuestións de xénero, algo que non debera ocorrer “nun país desenvolvido no século XXI”.

 

É por iso que o líder dos socialistas galegos avogou por “un cambio que ten que vir pola esquerda”, fronte aos “recortes continuos a favor do capital” que foron impulsados pola dereita e que provocaron “un retroceso nos servizos públicos, nos salarios e nas pensións”.

 

Neste punto, preveu contra “as operacións de recambio” que pretenden os conservadores “para manter o status quo”.

 

HOMENAXES EN VIGO E VILAGARCÍA

 

Ademais, o secretario xeral do PSdeG participou esta mañá no acto de recordo aos compañeiros do PSOE e de UGT que foron fusilados en Vigo polo franquismo. No cemiterio de Pereiró, defendeu “a historia deste gran partido e deste gran sindicato que transformaron o país no que vivimos”.

 

A continuación, Gonzalo Caballero estivo na comida organizada pola Agrupación Socialista de Vilagarcía para render homenaxe ao histórico militante socialista José Vázquez Fouz.

psdeg

Artigos relacionados

Deixar a resposta

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.

Pechar