Gonzalo Caballero perfila unha folla de ruta de intensa actividade cos parlamentarios socialistas para ofrecer á sociedade unha "alternativa á dereita"

Gonzalo Caballero perfila unha folla de ruta de intensa actividade cos parlamentarios socialistas para ofrecer á sociedade unha "alternativa á dereita"

Gonzalo Caballero perfila unha folla de ruta de intensa actividade cos parlamentarios socialistas para ofrecer á sociedade unha “alternativa á dereita”

Os socialistas galegos presentarán 301 emendas aos orzamentos do Estado para sumar máis de 600 millóns de euros en inversións en Galicia

 

Santiago, 14 de abril de 2018. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, perfilou este sábado cos representantes socialistas galegos no Parlamento, as Cortes e a Eurocámara unha folla de ruta de intensa actividade que permita ofrecer á cidadanía “unha alternativa á dereita” nas eleccións municipais e europeas do vindeiro ano.

 

Trala xuntanza da Interparlamentaria, que presidiu, o líder dos socialistas galegos explicou que “somos o partido que require Galicia para ter unha alternativa de esquerdas” e, nese senso, comprometeu traballo “con sensibilidade municipalista”.

 

Neste órgano, os socialistas abordaron “unha folla de ruta compartida” que pasa por “intensificar o contacto co territorio” e por aportar opcións afastadas das “posicións conservadoras” e tamén daquelas cun “compoñente demagóxico”, en palabras de Gonzalo Caballero.

 

“Entendemos a política como un servizo público”, proseguiu, e chamou a manter “a honestidade e a exemplaridade” de todos os cargos públicos socialistas na liña de “combater o distanciamento” que mantén a cidadanía dos seus representantes.

 

“ABRIR O PARTIDO”

 

Na mesma liña, o secretario xeral avanzou “un traballo intenso para abrir o partido” á sociedade. Así, indicou que os socialistas galegos incorporarán perfís independentes tanto aos grupos de traballo sectoriais como ao laboratorio de ideas que se porá en marcha. Trátase, explicou, de que a cidadanía teña no PSdeG “unha vía para facer propostas e participar na política”.

 

Con estas claves, o líder dos socialistas galegos apelou aos parlamentarios, deputados, senadores e eurodeputado a seguir traballando co obxectivo en mente de manterse nas municipais e europeas de 2019 como “primeira forza de esquerdas de Galicia”.

 

EMENDAS AOS ORZAMENTOS DO ESTADO

 

Na análise da labor parlamentaria, que inclúe especial atención aos fondos de cohesión da PAC para Galicia, o, o líder do PSdeG concretou tamén que os socialistas galegos presentarán 301 emendas aos orzamentos do Estado, nos que “o pacto do PP con Ciudadanos” se sitúa “por riba” dos intereses dos galegos.

 

Dende o convencemento de que “hai marxe para un proxecto alternativo”, os socialistas defenderán que a inversión en Galicia aumente máis de 600 millóns de euros, ata recuperar o nivel orzamentario para Galicia do último ano de goberno socialista"

É a vía, como sinalou Gonzalo Caballero, para mellorar unhas contas que considerou “nefastas” para esta comunidade. “Feijóo e Rajoy dan as costas a Galicia”, recalcou, non sen lamentar que as inversións suban de media un 17% no resto de autonomías e que en Galicia o dato só sexa dun 1%.

 

Tamén afeou ao goberno que non incluíse nos orzamentos os 2.000 millóns de euros que consignou para Galicia e que deixou sen executar.

 

En canto ao traballo no Pazo do Hórreo, o secretario xeral asegurou que os socialistas manterán “un traballo insistente” na procura de que Feijóo, que deixe “unha Galicia que vai a peor”, introduza “prioridades sociais” nas súas políticas.

 

CONFLITO XUSTIZA

 

Ademais, o secretario xeral do PSdeG censurou a “escalada de prepotencia e incapacidade” amosada polo goberno galego no relativo ao conflito laboral dos traballadores da xustiza en Galicia, que segue sen solución despois de dous meses e que onte tivo un novo episodio na expulsión dos representantes sindicais de dependencias autonómicas.

 

“Outro erro”, lamentou Gonzalo Caballero, quen non só criticou a “falta de sensibilidade” da Xunta, senón que instou a Feijóo a “tomar cartas no asunto” para poñer fin a unha folga que ten “paralizada” á Xustiza.

 

Dada a necesidade de que “a Xustiza funcione” de xeito “hábil”, o líder dos socialistas galegos incidiu en que Feijóo ten que dar “indicacións expresas ao seu conselleiro” para solucionar o problema, ou “cesalo” por “profundar máis na tensión” cos representantes dos traballadores.

psdeg

Artigos relacionados

Deixar a resposta

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.

Pechar