Gonzalo Caballero: "Os socialistas estamos recuperando músculo e forza para ter un partido revitalizado e fortalecido nas eleccións municipais"

Gonzalo Caballero: "Os socialistas estamos recuperando músculo e forza para ter un partido revitalizado e fortalecido nas eleccións municipais"

Gonzalo Caballero: “Os socialistas estamos recuperando músculo e forza para ter un partido revitalizado e fortalecido nas eleccións municipais”

 

José Luis Ábalos destaca a “plena sintonía” entre a dirección federal e a galega, que ve “con ilusión e ganas de traballar para dar un xiro progresista e útil” a Galicia

 

Santiago, 6 de marzo de 2018. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, destacou que “os socialistas estamos recuperando músculo e forza para ter un partido revitalizado e fortalecido” de cara ás eleccións municipais.

 

Así o dixo ante os xornalistas tras manter unha reunión de traballo co secretario de Organización do PSOE, José Luis Ábalos, quen chegou onte a Galicia no marco das súas visitas ás distintas federacións socialistas coa vista posta nos comicios de 2019.

 

Nese senso, o líder dos socialistas galegos valorou a “posición de cooperación absoluta” e a “plena sintonía” entre a executiva federal e a galega para orientar o proceso de designación dos candidatos, que variará en función do tamaño dos municipios.

 

No caso das cidades de máis de 50.000 habitantes, nas próximas semanas a dirección do PSdeG comunicará á executiva federal o calendario que seguirá para a elección dos candidatos, mentres que os concellos de menor tamaño terán un proceso diferenciado.

 

Iso si, o que deixou claro Gonzalo Caballero é que “a norma” é apostar polos alcaldes e alcaldesas para que volvan a concorrer ás eleccións nos seus respectivos municipios.

 

“NAS CONDICIÓNS ADECUADAS”

 

Tamén José Luis Ábalos falou do calendario “propio e singular” que haberá de marcar o PSdeG para a designación dos candidatos nas sete cidades galegas e recalcou que existe “plena sintonía” entre a dirección federal do PSOE e a galega.

 

Máis aínda, resaltou que ve ao equipo encabezado por Gonzalo Caballero “con ilusión e ganas de traballar para dar un xiro progresista e útil” a Galicia.

 

A ese respecto, o secretario xeral do PSdeG apuntou que o partido está “nas condicións adecuadas para encarar as eleccións municipais con forza” e coa “capacidade de ser alternativa á dereita e aos gobernos que non funcionan”.

psdeg

Artigos relacionados

Deixar a resposta

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.

Pechar