Gonzalo Caballero: "O non do PP a revalorizar as pensións é un non á igualdade, á xustiza e ás posibilidades do país"

Gonzalo Caballero: "O non do PP a revalorizar as pensións é un non á igualdade, á xustiza e ás posibilidades do país"

Gonzalo Caballero: “O non do PP a revalorizar as pensións é un non á igualdade, á xustiza e ás posibilidades do país”

 O secretario xeral do PSdeG sinala a Pedro Sánchez que ten “a lexitimidade e a responsabilidade” de “cambiar o goberno da dereita” para “facer políticas de esquerdas”

 

A Coruña, 22 de marzo de 2018. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, participou este xoves xunto co líder do PSOE, Pedro Sánchez, nunha asemblea aberta sobre pensións dignas na Coruña. Nese foro, recalcou que “o non do PP a revalorizar as pensións é un non á igualdade, á xustiza e ás posibilidades do país”.

 

Fronte a ese “deterioro” das pensións, e do resto dos piares do Estado do Benestar, que está impulsando o PP, Gonzalo Caballero fixo fincapé na importancia “da política, da política de esquerdas” para devolver a “prioridade” aos servizos públicos.

 

Máxime, como apuntou, nunha comunidade como Galicia, cunha poboación moi envellecida e que padece unhas pensións por debaixo da media estatal. E o caso máis grave, que recordou, é o de Ourense, onde perciben as pensións máis baixas de todo o país.

 

O “compromiso” cos servizos públicos “está no noso ADN”, en palabras do líder dos socialistas galegos, quen puxo o foco nos millóns de cidadáns que apoian e demandan eses servizos e de pensionistas que reclaman, “como é de xustiza”, unhas prestacións “dignas”.

 

UN PSOE “REVITALIZADO E FORTE”

 

Nesa liña, apelou a un partido “revitalizado e forte” que siga dando “solucións” e traballando “a pé de rúa”. “Está nas mellores mans”, asegurou, en alusión a Pedro Sánchez, a quen sinalou que ten “toda a lexitimidade, a responsabilidade e o deber” de “dar a este país a única opción que ten dun goberno de esquerda: que estea presidido polo PSOE”.

 

Trátase, finalizou Gonzalo Caballero ante máis de 500 persoas, de “cambiar o goberno da dereita” para “facer política de esquerdas” que sexa “útil” para os cidadáns deste país.

psdeg

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar