Gonzalo Caballero insta a Feijóo a deixar de "esquecerse" das necesidades dos cidadáns e sitúa como "prioridade" recuperar a calidade da sanidade pública

Gonzalo Caballero insta a Feijóo a deixar de "esquecerse" das necesidades dos cidadáns e sitúa como "prioridade" recuperar a calidade da sanidade pública

Gonzalo Caballero insta a Feijóo a deixar de “esquecerse” das necesidades dos cidadáns e sitúa como “prioridade” recuperar a calidade da sanidade pública

O secretario xeral do PSdeG asiste, en compañía do alcalde de Verín e outros cargos do partido, á manifestación en defensa do hospital

 

Verín, 24 de marzo de 2018. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, participou este sábado na manifestación en defensa da sanidade pública na bisbarra de Monterrei para recalcar que os socialistas teñen fixado como “prioridade” a necesidade de recuperar a “calidade” deste servizo público.

 

En compañía do alcalde de Verín, Gerardo Seoane, e diversos cargos do partido, o líder dos socialistas galegos asegurou que está “volcado” en atender as necesidades dos galegos, de xeito que, como garantiu, fará que o PP “escoite con claridade” os problemas da cidadanía.

 

“O PP está deteriorando a sanidade pública galega con privatizacións, precariedade e falta de orzamentos”, censurou, para sinalar que o hospital de Verín sufre “problemas” en áreas como Urxencias e Traumatoloxía e padece necesidades de persoal “perentorias”.

 

Así pois, Gonzalo Caballero esixiu a Feijóo que “tome nota” das numerosas protestas en defensa dun sistema público de sanidade “de calidade e proximidade” que ateigan Galicia e que deixe de “facer política de costas á cidadanía”.

 

No caso concreto de Verín, o secretario xeral reclamou ao goberno galego que “rectifique” e “amplíe os servizos” deste centro e solucione “o déficit de persoal que implica un déficit de atención á cidadanía”.

psdeg

Artigos relacionados

Deixar a resposta

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.

Pechar