Gonzalo Caballero insta a Feijóo a "abrir os ollos" para ver que os galegos "piden unha sanidade pública gratuíta e de calidade"

Gonzalo Caballero insta a Feijóo a "abrir os ollos" para ver que os galegos "piden unha sanidade pública gratuíta e de calidade"

Gonzalo Caballero insta a Feijóo a “abrir os ollos” para ver que os galegos “piden unha sanidade pública gratuíta e de calidade”

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, visitou hoxe o Hospital do Salnés acompañado dos alcaldes e cargos públicos do partido na bisbarra para coñecer de primeira man as demandas do personal sanitario. Nese marco, o líder dos socialistas galegos chamou a Feijóo a “abrir os ollos” para ver que os cidadáns estanlle reclamando “unha sanidade pública gratuita e de calidade”.

En declaración aos medios tras reunirse coa xunta de personal, Gonzalo Caballero censurou que o presidente da Xunta prefira “pechar os ollos e non ver a realidade” que está deixando en materia sanitaria: “menos camas, personal menos estable e unhas listas de espera insoportables”.
“Ten que dar solución aos problemas reais da nosa Galicia”, requeriu.

Centrado nas demandas que os socialistas plantexan para mellorar a sanidade pública, esixiu a Feijóo “un cambio de política sanitaria” e a fin dos “recortes e privatizacións, que implican un aumento progresivo das listas de agarda, unha “peor” Atención Primaria e un “afastamento” dos servicios para as galegas e os galegos.

“Comezamos o ano 2018 reclamando a revitalización e o fortalecemento da sanidade pública, gratuíta e de calidade”, proclamou Gonzalo Caballero, en presenza da presidenta da xunta de personal do Hospital do Salnés, Rosa Casal, tras advertir que Feijóo deixa “un deterioro moi importante” nun servizo público de tanta trascendencia como o sanitario.

Por iso, como dixo, os socialistas traballarán no Parlamento de revertir a axenda do PP, que pretende a “desaparición” das áreas sanitarias en bisbarras como o Salnés. “É fundamental manter os servizos deste hospital e mellorar as dotacións de personal”, remarcou, sen esquecer demandas “constantes” como a dun novo centro de saúde para Vilagarcía ou unha ambulancia medicalizada para a bisbarra.

Para concluir, xunto cos alcaldes de Vilagarcía, Catoira, Cambados e A Illa, así como o deputado Julio Torrado e o senador Modesto Pose, o líder dos socialistas galegos confirmou que acudirá á manifestación do vindeiro 4 de febreiro en Santiago en defensa da sanidade pública e que o PSdeG respaldará as concentracións do dia 24 nas distintas bisbarras.

“DEFENDER A SANIDADE”

Pola súa banda, a presidenta da xunta de personal do Hospital do Salnés ratificou as palabras do secretario xeral do PSdeG e chamou a sociedade a “mobilizarse” en defensa da sanidade pública. “Imos perdendo servizos, e a sanidade non ten un bo diagnóstico”, alertou, para apelar unha vez máis a “defender a sanidade”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar