Gonzalo Caballero esixe a Feijóo que "rectifique" a reforma da Lei de Saúde, pois o "fracaso" da súa política sanitaria "xa lle custou o cese dunha conselleira" hai dous anos

Gonzalo Caballero esixe a Feijóo que "rectifique" a reforma da Lei de Saúde, pois o "fracaso" da súa política sanitaria "xa lle custou o cese dunha conselleira" hai dous anos

Gonzalo Caballero esixe a Feijóo que “rectifique” a reforma da Lei de Saúde, pois o “fracaso” da súa política sanitaria “xa lle custou o cese dunha conselleira” hai dous anos

 

O secretario xeral do PSdeG sinala que “a sanidade está en risco” e chama a participar “masivamente” na manifestación do vindeiro domingo en Santiago

 

Santiago de Compostela, 2 de febreiro de 2018. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, esixiu este venres ao presidente da Xunta que “rectifique” a reforma da Lei de Saúde de Galicia que pretende levar adiante, non sen advertirlle de que o “fracaso” da súa política sanitaria “xa lle custou o cese dunha conselleira” hai dous anos.

 

No marco dunhas xornadas sobre sanidade organizadas pola Escola de Formación Ceferino Díaz do PSdeG, Gonzalo Caballero urxiu a Feijóo a “reorientar a desfeita” que está levando a cabo en materia sanitaria, que ten “fondamente preocupados” aos socialistas galegos e que ten derivado nun “clamor” entre a cidadanía.

 

“A dereita está desmantelando moitos dos avances que tiñamos conquerido”, evidenciou o líder dos socialistas galegos, consciente de que “custou moito tempo construír” un sistema “público, gratuito, de calidade e de proximidade” e de que todo este esforzo “pode destruírse en pouco tempo”.

 

Coa defensa da sanidade “pública, universal, gratuíta, de calidade e próxima” como “prioridade”, Gonzalo Caballero apelou a participar “masivamente” na manifestación do vindeiro domingo en Compostela. “A sanidade está en risco”, advertiu, antes de denunciar “privatizacións encubertas, precariedade para os profesionais e enormes listas de espera”.

 

FIN DOS RECORTES

 

Pola súa banda, o portavoz parlamentario dos socialistas, Xoaquín Fernández Leiceaga, fixo fincapé na importancia de que a manifestación sexa “masiva” para conseguir “o fin dos recortes” en materia de sanidade.

 

Centrado no ámbito parlamentario, recordou que o próximo martes comeza a tramitación da reforma da lei, que recibirá toda a oposición dos socialistas.

psdeg

Deixar a resposta

Pechar