Gonzalo Caballero esixe á dereita "tomar nota" e asumir a revalorización das pensións

Gonzalo Caballero esixe á dereita "tomar nota" e asumir a revalorización das pensións

Gonzalo Caballero esixe á dereita “tomar nota” e asumir a revalorización das pensións

O secretario xeral dos socialistas galegos evidencia que “hai marxe” para subir as pensións ata un 1,5% en función do IPC cando a economía está medrando ao 3%

 

Vigo, 17 de marzo de 2018. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, asistiu este sábado á manifestación convocada en Vigo para esixir a revalorización das pensións e, dende alí, esixiu á dereita que “tome nota” dunha reclamación que é “digna e necesaria”.

 

Entre milleiros de persoas que encheron as rúas da cidade olívica nunha das moitas citas previstas para este sábado en toda Galicia e en toda España, o líder dos socialistas galegos puxo o foco en que “Rajoy e Feijóo” teñen que atender a demanda social de defensa do sistema público de pensións e propiciar a súa suba.

 

Nunha comunidade como Galicia, que sofre pensións “moi por baixo” da media estatal, Gonzalo Caballero instou ao PP a “abandonar as súas políticas liberais e de recortes” e asumir o incremento das pensións nun 1,5%.

 

Sobre todo, como explicou o secretario xeral, porque cun escenario macroeconómico de crecemento do 3%, “hai marxe” para incrementar as pensións nun 1,5%.

psdeg

Artigos relacionados

Deixar a resposta

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.

Pechar