Gonzalo Caballero esixe á dereita rectificar o "erro" que ten cometido "ao darlle as costas ás demandas das mulleres"

Gonzalo Caballero esixe á dereita rectificar o "erro" que ten cometido "ao darlle as costas ás demandas das mulleres"

Gonzalo Caballero esixe á dereita rectificar o “erro” que ten cometido “ao darlle as costas ás demandas das mulleres”

O secretario xeral do PSdeG destaca as “históricas” mobilizacións do Día da Muller en prol de “avances” que permitan conquerir “a igualdade real”

 

Santiago, 9 de marzo de 2018. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, cualificou este venres de “históricas” as mobilizacións nas que, no Día da Muller, milleiros de persoas saíron ás rúas para esixir “igualdade real”.

 

É por iso que reclamou aos gobernos da dereita que rectifiquen o “erro” que teñen cometido “ao darlle as costas ás demandas das mulleres” e “impedir avances” nesas reivindicacións.

 

Nese senso, o líder dos socialistas galegos demandou que se dote con “orzamento suficiente” o Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero e que se asuman as medidas que recolle a proposición de Lei de Igualdade Salarial impulsada polos socialistas no Congreso.

psdeg

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar