Gonzalo Caballero e Antonio Costa acordan unha axenda de traballo conxunta

Gonzalo Caballero e Antonio Costa acordan unha axenda de traballo conxunta

Gonzalo Caballero e Antonio Costa acordan unha axenda de traballo conxunta

O secretario xeral do PSdeG-PSOE, Gonzalo Caballero, mantivo hoxe un encontro en Camiña co secretario xeral do PS e primeiro ministro de Portugal, Antonio Costa, na que acordou poñer en marcha unha axenda de traballo conxunta entre os socialistas galegos e lusos. Así o explicou logo da Festa de Verán, coa que o PS deu comezo ao curso político e na que estivo convidado Caballero.

O líder dos socialistas galegos explicou que a nova etapa que representan os dous gobernos socialistas ás dúas marxes da fronteira, con Costa e Sánchez, “demostra que a recuperación é compatible coas políticas sociais” e sitúa aos dous executivos como “referentes no conxunto da UE”.

Caballero fixo unha chamada a estreitar lazos entre os socialistas de Portugal e España para “levar a cabo unha axenda progresista que sirva de exemplo en toda Europa”. Presentou así aos socialistas galegos como “ponte de contacto” entre os dous partidos para que Galicia represente un “papel fundamental” á hora de fixar as liñas de traballo aos dous lados da fronteira.

Neste sentido, apostou por “traballar en todo aquelo que lles interesa aos galegos e galegas” en relación co país veciño, abrindo liñas de colaboración co PS que se concretarán nunha serie de xornadas de traballo co Norte de Portugal.

O secretario xeral do PSdeG-PSOE acudiu a Caminha convidado polo primeiro ministro portugués nunha xornada á que tamén asistiu a responsable de Política Institucional, Dolores Villarino, e diversos cargos orgánicos.

Pola parte portuguesa estiveron presentes Miguel Alves, secretario nacional adxunto do PS e presidente do Consello Rexional do Norte de Portugal, e os ministros socialistas do goberno de Costa, así como cargos públicos e orgánicos.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.

Pechar