Gonzalo Caballero contrapón o "compromiso social" do goberno de Pedro Sánchez co "modelo de recortes" dun PP "desnortado"

Gonzalo Caballero contrapón o "compromiso social" do goberno de Pedro Sánchez co "modelo de recortes" dun PP "desnortado"

Gonzalo Caballero contrapón o “compromiso social” do goberno de Pedro Sánchez co “modelo de recortes” dun PP “desnortado”

O secretario xeral sinala “o tirón de orellas” que dá o CES a Feijóo “por esquecerse da desigualdade e da pobreza” e polo “deterioro” dos servizos públicos

 

Santiago, 1 de agosto de 2018. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, abordou este mércores o informe do Consello Económico e Social de Galicia, que dá “un tirón de orellas” á Xunta polos “preocupantes niveles de pobreza e desigualdade” que persisten na comunidade galega a pesares da recuperación económica.

 

Nese contexto, o líder socialista contrapuxo as medidas que está tomando o goberno presidido por Pedro Sánchez, exemplificadas na revalorización das pensións de case 745.000 galegos ou na retirada do copago farmacéutico, co “modelo de recortes e deterioro dos servizos públicos” posto en marcha por Feijóo na Xunta.

 

Proba diso, afondou Gonzalo Caballero, foi a súa negativa a contar con 133 millóns de euros adicionais, que axudarían a combater a pobreza e a desigualdade. “O PP está desnortado”, concluíu, crítico con que “o PP e Feijóo prefiren seguir na política de confrontación co PSOE” no canto de “atender ás necesidades da cidadanía”.

 

Só así se explica, como evidenciou o máximo dirixente do PSdeG, a falla de “talla institucional” que demostrou o conselleiro de Educación ao “abandonar” a comisión sectorial na que a ministra defendeu baixar a ratio de alumnos por aula e reducir as horas lectivas dos docentes para “mellorar a calidade educativa”.

 

“A dereita non quere mellorar os servizos públicos e négase á marxe de relaxación fiscal”, censurou Gonzalo Caballero, para acusar ao PP na Xunta de “poñer os intereses do seu partido por riba da educación pública” cando ata a Comisión Europea aposta por “facer compatible a consolidación fiscal coas políticas sociais”.

 

“O PP PREFIRE OS RECORTES”

 

Así as cousas, o secretario xeral do PSdeG lamentou que os populares “prefiran apostar polos recortes” e por seguir “disparando” a débeda pública antes que “amosar sensibilidade” cos problemas das familias galegas.

 

Fronte a esa “falta de atención”, que se constata tamén no “déficit de pediatras”, por citar un exemplo do “deterioro” que Feijóo está provocando no ámbito sanitario, Gonzalo Caballero resaltou o “compromiso social” do goberno central.

 

“O Partido Socialista está comprometido coa solidariedade, os servizos públicos e o estado do benestar. Cando un país crece, hai marxe para que existan melloras”, reivindicou así a aposta dos socialistas por contribuír con aqueles cidadáns que padecen maiores dificultades.

psdeg

Artigos relacionados

Deixar a resposta

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.

Pechar