Gonzalo Caballero chama a aproveitar "a grande potencialidade" dos recursos enerxéticos renovables que ten Galicia na tarefa fronte o cambio climático

Gonzalo Caballero chama a aproveitar "a grande potencialidade" dos recursos enerxéticos renovables que ten Galicia na tarefa fronte o cambio climático

Gonzalo Caballero chama a aproveitar “a grande potencialidade” dos recursos enerxéticos renovables que ten Galicia na tarefa fronte o cambio climático

O secretario xeral do PSdeG reivindica o “compromiso verde” dos socialistas

 

A Coruña, 9 de febreiro de 2018. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, participou hoxe na Coruña nunhas xornadas sobre ‘A transición cara un novo modelo enerxético en Europa’, donde chamou a aproveitar “a grande potencialidade” dos recursos enerxéticos renovables que ten Galicia na tarefa fronte ao cambio climático.

 

Ante os asistentes ás xornadas, o líder dos socialistas galegos fixo fincapé na “riqueza” da nosa comunidade para apostar por sectores enerxéticos como o eólico, o hidráulico, o mareomotriz ou o da bioenerxía vinculada coa biomasa forestal.

 

Así pois, mostrouse partidario de profundar na “descarbonización” e de superar un modelo enerxético “monopolizado” polas fontes tradicionais, posto que falar de crisis enerxética e de cambio climático son “dúas caras da mesma moeda”.

 

Nese senso, Gonzalo Caballero sinalou que a UE ten “un reto fundamental” na procura dun novo modelo enerxético máis harmonioso e “sostible medioambientalmente”. Aí, remarcou, os socialistas farán valer o seu “compromiso verde”, dende o convencemento de que “hai que afrontar cambios nas políticas públicas”.

 

Tamén o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, suliñou a magnitude do “reto” de superar o actual modelo enerxético; mentres a secretaria dos socialistas na cidade da Coruña, Eva Martínez Acón, apelou a deseñar “un progreso sostible”.

 

Pola súa banda, o eurodeputado socialista José Blanco puxo o foco, xunto coa xefa de unidade de Enerxías Renovables e Cambio Climático da Dirección Xeral de Enerxía da Comisión Europea, Paula Abreu, nos cambios normativos necesarios para impulsar a transición enerxética no marco comunitario.

 

POÑENTES

 

Na primeira mesa da xornada, baixo o título ‘As enerxías renovables e o aforro e a eficiencia enerxética, claves nun novo modelo enerxético’, participaron o expresidente de Red Eléctrica Española, Luis Atienza; o director xeral de UNEF, José Donoso; o presidente da Asociación Eólica de Galicia, José Manuel Pazo Paniagua; e o secretario de ANPIER, Juan Castro Gil.

 

Na segunda, cun debate centrado na ‘Transición enerxética e cambio climático, retos e oportunidades’, estiveron o catedrático do Departamento de Física Aplicada da USC Jorge Mira; o director de Cambio Climático de Iberdrola, Gonzalo Sáenz de Miera; e o delegado en Santiago do Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais, Fernando Blanco Silva.

psdeg

Deixar a resposta

Pechar