Gonzalo Caballero avoga por "potenciar un sector pesqueiro áxil" para promover a súa "capacidade para xerar emprego e valor engadido"

Gonzalo Caballero avoga por "potenciar un sector pesqueiro áxil" para promover a súa "capacidade para xerar emprego e valor engadido"

Gonzalo Caballero avoga por “potenciar un sector pesqueiro áxil” para promover a súa “capacidade para xerar emprego e valor engadido”

O secretario xeral do PSdeG destaca a “apertura do partido á sociedade” para configurar o seu proxecto na inauguración dunhas xornadas sobre pesca organizadas polo Grupo Parlamentario Socialista

 

Santiago, 16 de marzo de 2018. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, inaugurou este venres unhas xornadas sobre o sector pesqueiro organizadas polo Grupo Parlamentario Socialista para analizar tanto a problemática dos descartes como o plan de xestión do Cantábrico.

 

Nese foro, o líder dos socialistas galegos avogou por “potenciar un sector pesqueiro áxil”, a fin de promover a súa “capacidade para xerar emprego e valor engadido”, dada a importancia que ten nunha comunidade como Galicia.

 

“A pesca é un sector estratéxico para o futuro do país e da súa economía produtiva”, recalcou Gonzalo Caballero, partidario de “facer un esforzo” para situalo no lugar que lle corresponde como “un sector economicamente moi relevante”.

 

Ante un asunto de tanto “interese” para os socialistas, o secretario xeral amosou a súa “preocupación” polas cuestións que aínda seguen “pendentes de resolver” nos ámbitos europeo, estatal e galego, como as referidas aos descartes ou a sostibilidade e usos dos recursos pesqueiros.

 

“PARTIDO ABERTO”

 

Antes de proceder á inauguración desta xornada, Gonzalo Caballero explicou aos xornalistas que os socialistas “estamos traballando a pé de país” e contando cos distintos sectores para abordar as distintas problemáticas.

 

“O partido está aberto á sociedade civil para configurar un proxecto pegado ás necesidades dos galegos”, destacou.

 

Proba diso é que na xornada de traballo deste venres participaron como relatores, na primeira mesa, o secretario da Fundación Rendemento Económico Mínimo, Sostible e Social (FREMSS), Torcuato Teixeira; o presidente da Fundación Lonxanet para a Pesca Sostible, Antonio García Allut; a secretaria técnica da Cooperativa de Armadores de Pesca do Porto de Vigo (Arvi), Purificación Fernández; e o pescador artesanal do Porto de Muros Primitivo Pedrosa.

 

Despois de abordar os descartes, nunha segunda mesa, sobre o plan de xestión do Cantábrico, tomaron a palabra Andrés García Boutureira, representante da Asociación de Armadores do Cerco de Galicia (Acerga); Santiago Folgar, en nome da Asociación de Volanteiros do Cantábrico Noroeste; e o xerente de PescaGalicia-Arpega-OBarco, Juan Carlos Corras.

 

psdeg

Artigos relacionados

Deixar a resposta

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.

Pechar