Gonzalo Caballero avoga por "garantir a liberdade e os dereitos de todos" no Día Internacional contra a LGTBIfobia

Gonzalo Caballero avoga por "garantir a liberdade e os dereitos de todos" no Día Internacional contra a LGTBIfobia

Gonzalo Caballero avoga por “garantir a liberdade e os dereitos de todos” no Día Internacional contra a LGTBIfobia

O secretario xeral do PSdeG reivindica o longo compromiso do PSOE co “avance en dereitos e liberdades” e o fomento da tolerancia

 

Santiago, 17 de maio  de 2018. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, avogou este xoves, Día internacional contra a LGTBIfobia, por “garantir a liberdade e os dereitos de todos e de todas”, ao tempo que quixo lanzar unha mensaxe de “tolerancia” e “respecto”.

 

Ademais, Gonzalo Caballero reivindicou o longo compromiso do PSOE co “avance en dereitos e liberdades”, así como co fomento da tolerancia, sinaladamente no relativo a diversidade sexual e de xénero.

 

O fixo despois de participar, xunto co secretario xeral de Xuventudes Socialistas de Galicia, Nabor González, nunha ofrenda floral ante a estatua do fundador do PSOE, Pablo Iglesias Posse, e tras a lectura dun manifesto en contra da opresión que aínda sofre o colectivo LGTBI a cargo de varios membros da organización xuvenil socialista.

 

“O socialismo é a defensa da liberdade, da tolerancia e da dignidade dos individuos”, proclamou o secretario xeral do PSdeG, quen fixo fincapé en que as sociedades teñen que avanzar “respectando os dereitos de toda a cidadanía” e iso as fará “máis dignas”.

 

E, tras subliñar que os socialistas “permitimos modernizar a España na que vivimos” a través de plantexamentos vangardistas de conquista de “novos dereitos e liberdades”, Gonzalo Caballero chamou a seguir traballando na mesma liña porque “queda moito por facer e por seguir avanzando”.

 

Para concluír, o líder socialista amosou o seu compromiso de construír unha sociedade na que ninguén se sinta discriminado e rexeitou “calquera tipo de fobia ou represión contra o colectivo LGTBI” en calquera parte do mundo.

 

“POTENCIA EN DEREITOS E LIBERDADES”

 

Pola súa banda, o secretario xeral de Xuventudes Socialistas de Galicia, Nabor González, destacou que “un bo país non é aquel que se convirte en potencia económica ou industrial, senón en potencia de dereitos sociais e liberdades”.

 

Por tanto, Nabor González instou a Feijóo a “executar” a Lei galega de igualdade de trato e non discriminación, aprobada no Parlamento a instancias do PSdeG, do mesmo que fixo coa Lei de Saúde de Galicia que os populares decidiron modificar.

 

Tamén tivo palabras de reivindicación e homenaxe para aqueles que “deron a súa vida” na loita por conquerir dereitos para o colectivo LGTBI, e de agarimo para aqueles que seguen sufrindo discriminación a causa da súa orientación ou identidade sexual.

psdeg

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar